A música entre murallas chega novamente á Guarda. Este sábado, 21 de xullo, o municipio celebra a cuarta edición das súas “Noites no Castelo”. A cita, que arrancará ás 22:30 horas e é de balde, contará con Ardentía e Milladoiro.
Os vigueses de Ardentía, que naceron en 1990, serán os encargados de abrir a cita no emblemático recinto guardés. Destacan pola incorporación de instrumentos que non adoitaban estar presentes en formacións de música folk galega, como o birimbau, o clarinete ou a requinta.
O Castelo, testemuña da Guerra da Independencia de Portugal no século XVII, converterase a partires das 23:30 horas nun escenario de luxo para recibir a Milladoiro.
O grupo folclórico con maior traxectoria e máis internacional de Galicia, con 20 discos ás súas costas, fará vibrar aos asistentes cos seus temas históricos, pero tamén coas novidades de “Atlántico”, o seu último disco editado este 2018. O grupo galego é xa indispensable para entender a cultura folclórica galega e serán eles os que poñan o alfinete de ouro a cuarta edición de Noites no Castelo.
O Castelo da Guarda, que recibe o nome de Castelo de Santa Cruz, sitúase moi próximo ao casco urbano guardés. A mellor forma forma de chegar até el é dende a PO-552, a estrada que vai dende Baiona a Tui.
Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"
Este parque hinchable desembarca este fin de semana en Marín donde abrirá con estos horarios tanto el sábado como el domingo
La plaza Vialia Vigo acoge una fiesta del running con Érguete e Corre, la prueba solidaria que rendirá tributo a "las madres contra la droga"
Continúa el ciclo de cine "Activistas: cinema por mulleres" en Vigo. La próxima sesión abordará la realidad de Portugal
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL