• Pozas en Galicia
  • Rallye Rías Baixas 2025
  • Fiestas Playa América
  • Parque de ocio en Mos
  • Solpor a Bocados Vigo
  • Parque acuático Porriño
  • PortAmérica 2025
  • Próxima apertura Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Moaña converterá por primeira vez á ría de Vigo na capital europea da cultura marítima

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/07/2021

O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación oficial da 15ª edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG), que se celebrará en Moaña entre os días 5 e 8 de agosto. No acto en Santiago de Compostela estiveron presentes os máximos responsables das tres entidades organizadoras: a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-Culturmar, a Asociación Cultural Recreativa Sueste e o Concello de Moaña, ademais de representantes da Deputación de Pontevedra, a Consellería do Mar e a Fundación Pública Artesanía de Galicia. O gaiteiro internacional de Moaña, Anxo Lorenzo, interpretou dúas pezas musicais no comezo e despedida do acto.

O presidente de Culturmar e do comité organizador, Xosé Luis Sacau, calificou o EETG como “a gran festa da cultura mariñeira de Galicia” e un dos eventos “máis respectados e queridos” que se celebran ao longo de toda Europa. Sobre a vila que este ano acolle o Encontro, Sacau Fontenla lembrou que en Moaña se atopa o Petróglifo da Borna, “un dos primeiros signos rupestres nos que se representa a milenaria actividade da navegación en Galicia, e a Ría de Vigo, que con Martín Códax e Meendinho puxo o seu mar no máis alto da literatura universal”.

Másnoticias

Múltiples accidentes en el entorno de Rande colapsan la salida de Vigo en plena hora punta

03/07/2025
Imagen recurso

Rescatan a una bañista en una playa de Moaña con síntomas de embriaguez

02/07/2025

O presidente de Culturmar aproveitou a presentación para falar da necesidade dunha estratexia “decidida para impulsar unhas Mariñas Tradicionais que dean acubillo nos portos galegos ás nosas frotas dun xeito digno, obtendo así o valor engadido do seu uso patrimonial, en harmonía cos usos profesionais e deportivos”. O presidente de Culturmar explicou que se trata dun “valor que poucos países posúen e que nos sitúa á cabeza das oportunidades de promoción cultural, social, deportiva ou turística”. A este respecto, engadiu que “precisamos tamén, e con urxencia, que esta frota goce das medidas de protección necesarias para que o rumbo se manteña firme, a través do recoñecemento das nosas embarcacións como bens patrimoniais e da aplicación das medidas de salvagarda que a lei establece”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación Cultura e Recreativa Sueste, Pablo Martínez, encargada de propor a Moaña como sede deste XV Encontro, falou do “forte vencello histórico” da vila morracense co mar e coa cultura marítima. “A súa frota da ardora tivo unha dimensión considerable, chegando a ser un dos portos de pesca de litoral máis importantes da Península”, lembrou. Martínez Otero explicou que este vínculo de Moaña co mar pervive na gran actividade económica que na vila se realiza grazas, por exemplo, á produción acuícola de mexillón, ao marisqueo a pé e a flote, á pesca artesanal e de cerco ou á extracción de navalla.

O presidente de Sueste explicou tamén que Moaña “mantén ano tras ano unha rica mostra de actividades e eventos relacionados co mar e a cultura marítima”, entre as que destacou a Festa do Mexillón, a Xuntanza de Embarcacións Tradicionais, o remo de traiñeiras e unha oferta de ocio con festivais como o Intercéltico, O Folclore do Mar. “Todas elas son testemuñas claras desta unión de Moaña e o Mar”, afirmou.

Leticia Santos Paz, alcaldesa de Moaña, mostrouse feliz por acoller esta 15! edición que, coma varios intervintes dixeron, “se vai celebrar contra vento, marea e coronavirus”, e lembrou que Moaña é o primeiro destino do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebra dentro da ría de Vigo. A rexedora local asegurou que a veciñanza vai recibir feliz “a todas aquelas persoas que decidan facer de Moaña o seu destino” entre os días 5 e 8 de agosto. Moaña tamén será a primeira vila que acolla o evento en pandemia, “pero iso non pode deternos”, puntualizou a alcaldesa, para rematar dicindo que “o importante é ter lugares seguros para compartir cultura e socializar”.

Santos Paz fixo referencia á grande tradición da cultura marítima na vila e explicou que “se queremos saber quen somos, temos que saber de onde vimos”. Ademais, na súa intervención lembrou que en Moaña “o mar non é só dos homes, senón que as mulleres teñen un protagonismo especial o que fará que este Encontro sexa diferente”.

A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta, falou da importancia de apoiar este tipo de eventos. Elena Fabeiro explicou que, este ano, “pensamos que o mellor era divulgar os vellos saberes dos traballos de carpintaría de ribeira” e así o farán no Encontro de Moaña.

María Ortega, deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Memoria Histórica e Lingua da Deputación de Pontevedra, asegurou que “para min, ademais de como deputada, é un orgullo como moañesa o feito de que Moaña se converta na ‘capital europea da cultura marítima’ cun evento marabilloso que vai beneficiar a toda a comarca do Morrazo, a toda a ría de Vigo e á comarca de Pontevedra, pola chegada de delegacións de persoas de moitas localidades, se cadra non tantas como deberían pola situación de pandemia que aínda nos toca vivir”. Ortega Iñarrea entende que este encontro “servirá para a dinamización social potenciando un turismo sustentable, nun momento no que o turismo asociado ao patrimonio está a medrar a un ritmo moi superior ao tradicional de sol e praia, poñendo o foco no interesante que é o consumo de experiencias turísticas na costa”. Ademais, subliñou o apoio da Deputación no relativo ao patrimonio marítimo fluvial da provincia e lembrou a nova liña de subvencións posta en marcha neste mandato “que pretende poñer en valor, conservar e divulgar a nosa riqueza mariñeira”.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, foi a encargada de pechar o acto de presentación en Compostela do EETG. Quintana referiuse ao EETG como un evento “que olla desde a contemporaneidade pola posta en valor e preservación da cultura mariña tradicional galega e que constitúe un espectáculo único sobre o mar, unha festa de exhibición patrimonial protagonizada pola nosa frota tradicional, que porá en valor a súa riqueza, e a visualizará ante a necesidade de manela e conservala”.

A conselleira afirmou que a ría de Vigo e Moaña “proporcionan un enclave único, como única será a fotografía da frota fondeada na enseada de Moaña, unha estampa que vai percorrer o mundo”. Na súa intervención, tamén destacou o traballo que se está a facer desde Galicia para preservar o patrimonio marítimo-pesqueiro e anunciou o deseño do Plan da Cultura Marítima con horizonte 2030, “que se realizará no marco dun convenio de colaboración asinado esta semana entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña”. A titular da Consellería do Mar explicou que “este traballo abarcará todo o litoral de Galicia co obxectivo de definir as liñas das políticas culturais unindo as tradicións e o valor do patrimonio marítimo”.

Temas: marMoañaO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Concello de Mos
Qué hacer

Conciertos, pasacalles, sesión vermú y clase de baile en el festival gratuito O Son do Pazo en Mos

El entorno del Pazo de Mos acogerá a finales de agosto una nueva edición del O Son do Pazo. Habrá música, olimpiadas rurales y clases de baile

PorIván Dacal
06/07/2025
Fiestas

Churrasco 'a fartar' en las fiestas de verano de Covelo, con música, verbeneo y artesanía

La Fiesta del Churrasco tendrá un menú popular a base de churrasco, criollo, pimientos, pan y vino, amenizado por la charanga Os Encerellados

PorMiguel Alonso
06/07/2025
Fiestas

Vuelve la Discoteca del Yo: una fiesta vibrante de tarde-noche en el jardín Zen “secreto” de Mos

Llega a Mos "La Discoteca del Yo", una iniciativa para reconectar y sanar en un idílico jardín. Así es esta innovadora propuesta

PorB.C.
06/07/2025
VIGOGASTRONÓMICO
Qué hacer

Algunos de los mejores restaurantes de Vigo ofrecerán una cena única sobre la ría

¿Te imaginas probar algunos de los mejores restaurantes de Vigo en un barco sobre la Ría? Así es la asombrosa propuesta que ya está disponible

PorAlfredo Teja
05/07/2025
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X