• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Espectáculos

Moaña inaugura a tempada de teatro con catro representacións de primeiro nivel en Galicia

Moaña inaugura a tempada de teatro con catro representacións de primeiro nivel en Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaPorÁngel Vila
01/10/2019

O teatro volverá visitar o concello de Moaña este mes de outubro dentro da programación do XXXII Circuítos Teatrais de Moaña. En total, o mes de outubro contará con catro representacións de primeiro nivel en Galicia que se celebrarán no auditorio do IES As Barxas.

Aínda que a primeira cita terá lugar este mesmo domingo, 6 de outubro ás 20:00 horas, o resto das obras celebraranse, como de costume, semanalmente no sábado ás 22:00 horas.

Másnoticias

Últimas plazas para disfrutar de dos rutas gratuitas por Monteferro y Praia América en Nigrán

El cadáver momificado hallado en Monteferro, Nigrán, era el de un vecino de Cangas de 43 años

03/06/2026
Evacúan en helicóptero a un hombre tras cortarse con una motosierra trabajando en las Cíes

Fallece un hombre que cayó al mar mientras pescaba en Cabo Udra, en Bueu

31/05/2026

Desta vez, visitarán o concello morrancense as compañías Contraproducións (A compañeira de piso), Ibuprofeno Teatro (Casa O’Rei), Teatro do Atlántico (Dúas donas que bailan) e Sarabela Teatro (Normas para saber vivir na sociedade actual).

As entradas estarán a venda no despacho de billetes do IES As Barxas o mesmo día do espectáculo. Así, este domingo día 6 o despacho de billetes abrirá ás 19:00 horas e nas sesións dos sábados ás 21:00 horas. O prezo da entrada é de 4 euros, namentres que os menores de idade deberán aboar 2 euros. Soamente se admite pago con tarxeta bancaria.

A compañeira de piso – Contraproducións

Data: Domingo, 6 de outubro - 20:00 horas
Duración:
90 minutos
Idade:
+14 anos

Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra "A compañeira de piso" (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións achega a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

A obra conta a historia de Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada que publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

Casa O'Rei – Ibuprofeno Teatro

Data: Sábado, 12 de outubro - 22:00 horas
Duración:
95 minutos
Idade:
+15 anos

"Casa O’Rei" é o peche da triloxía gastronómica de Ibuprofeno Teatro, que se completa con "O furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Na obra, Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Dúas donas que bailan – Teatro do Atlántico

Data: Sábado, 19 de outubro - 22:00 horas
Duración:
80 minutos
Idade:
+13 anos

A sabedoría do grande mestre da dramaturxia catalá contemporánea, Josep María Benet i Jornet, aparece de maneira espléndida na súa derradeira proposta dramática: Dúas donas que bailan (2010).
Neste novo agasallo teatral, fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, divertida, conmovedora, e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade.

Con esta proposta nos achegaremos a vida dunha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, para a que só lle falta un exemplar. Resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos, cos que non mantén moi boa relación, e tamén da axencia inmobiliaria propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario non ten nada que envexar se o comparamos co da vella, outrora unha muller rebelde e activista.

Normas para saber vivir na sociedade actual – Sarabela Teatro

Data: Sábado, 26 de outubro - 22:00 horas
Duración:
85 minutos
Idade:
Todos os públicos

Escrita en 1.993 por Jean Luc Lagarce, o autor contemporáneo máis representado en Francia, parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen dunha forma sutil dá instrucións de como debemos comportarnos. Baixo a forma dun divertimento irónico, cómico e en apariencia lixeiro escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade.

Temas: MoañaO MorrazoTeatro en Moaña
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Los trenes turísticos de Galicia recuperarán tres rutas por paisajes naturales de ensueño
Qué hacer

Galicia presenta sus espectaculares Trenes Turísticos con billetes ya a la venta para todas las rutas

Arrancan los meses más intensos de los Trenes Turísticos de Galicia. Los billetes, a la venta, vuelan y se agotan en algún recorrido

PorIván Dacal
05/06/2026
Vuelve el festival que llena de conciertos gratuitos el corazón de Baiona, así será Sons do Casco 2026
Música

Vuelve el festival que llena de conciertos gratuitos el corazón de Baiona, así será Sons do Casco 2026

Baiona presenta el festival totalmente gratuito con 15 conciertos en nueve escenarios de su asombroso casco histórico

PorCarlos I. Castrillón
05/06/2026
Caballero sorprende con un posible "gran cierre de fiesta" con conciertos sorpresa en Castrelos
Música

Vigo confirma el precio de las entradas para los conciertos de Castrelos 2026

Vigo desvela los precios para la zona de pago de los conciertos de Castrelos de este 2026. ¿Cuánto costará Chayanne, Abraham Mateo o Molotov?

PorAlfredo Teja
05/06/2026
Conciertos, gastronomía, animación de calle y artesanía: así será la Festa da Alegría de Vigo
Fiestas

O Calvario promete la fiesta más alegre de la historia en Vigo con música, mercadillo y guateque

Los vecinos y vecinas de O Calvario calientan motores para su Festa da Alegría. Cumple 50 años en Vigo y promete ser histórica

PorAlfredo Teja
05/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X