“Xogamos tod@s” é o lema da programación municipal que o Concello de Mos organiza con motivo do Día Internacional da Muller que se celebra o vindeiro xoves 8 de marzo. Lema que encabeza tamén o cartel oficial que este ano está protagonizado polas xogadoras do equipo de fútbol feminino da Unión Deportiva Mos.
As actividades comezarán o xoves, 8 de marzo, ás 17:00 horas, cunha andaina polo paseo do Louro con inicio no Parque da Pesqueira e rematará no Pazo de Mos, onde Rocío Ríal ofrecerá unha charla en Igualdade. A xornada rematará cun aperitivo para todas as persoas participantes.
O sábado, 24 de marzo, o Pazo de Mos acollerá o monólogo sobre igualdade co título de “Eu quero ser galega” da man de Stephy Llaryora. O espectáculo arrancará ás 21:00 horas con entrada gratuíta até completar aforamento.
Pola súa parte, o Pazo de Mos acollerá tamén a mostra de mulleres do Centro Ocupacional de EVD en Petelos. Desde o verán do 2017, no Centro Ocupacional de EVD Galicia en Mos, puxeron en marcha un proxecto sobre reciclaxe e medio ambiente con diversos talleres formativos e creativos. Nos que se crearon diferentes obras que forman parte da exposición Artereciclado. Agora celebran a inauguración da devandita exposición, que terá lugar o 14 de Marzo ás 18.00 horas.
A exposición estará aberta ao público desde o 14 de marzo ao 14 de abril. A visita libre poderase realizar en horario do Pazo, de 17.00 a 21.00 horas de luns a sábado. Os domingos e festivos permanecerá pechada. E para a realización dunha visita guiada coas persoas que participaron na elaboración das obras, pódese facelo os luns, xoves e venres en horario de 10.00 a 12.00 horas. Para iso hai que solicitalo a través da dirección de correo: centroocupacional.mos@evdgalicia.com
Por último, o Partido de Fútbol Xogamos Tod@s, previsto inicialmente para o domingo, 11 de marzo, xogarase finalmente o domingo, 8 de abril, debido ás previsións meteorolóxicas adversas. O encontro, que arrancará ás 11:30 horas no Campo de Fútbol das Baloutas, contará coa participación do do Equipo de Fúbol Feminino Unión Deportiva Mos e de diversas asociacións mosenses como A Cividade, C.C. Abrente, C. Guizán, A.V. Dornelas, R.C. Torroso, Palilleiras de Mos, San Martín de Tameiga, A.E.C.C, MosAxuda, C.C.D. Santa Eulalia, As Pedriñas, A.V. Nosa Terra, C.C.S. Herville, Mulleres Rurais, Esclavas Virxen Dolorosa, A.V. Chan do Bosque, A.V. Ledicia, A.V. Santa Ana, A.V. Petelos, San Rafael de Pereiras, Mulleres de Teatro en Igualdade, Celado de Cela, ASODIFISI, ASOMAMOS.
Neste encontro xogarán tamén integrantes da Corporación Municipal, a bailarina mosense Patricia Martínez ou a atleta mosense Soledad Castro.
Vuelve una de las Festas da Empanada más top de Galicia, a menos de una hora de Vigo. Y este año lo hace como Fiesta de Interés Turístico Nacional
La Baixada de Carrilanas marca el inicio de la Festa das Mercedes en A Guarda, un evento que se prolongará durante casi todo septiembre
Terror, ciencia ficción, humor y mucho más en el festival más 'freak' de Galicia. Vigo acogerá todas estas proyecciones y estrenos
El Entroido de Verán de Redondela contará con diferentes medidas de seguridad y prevención para convertirse en un espacio seguro
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL