Co obxectivo de lograr “un mundo solidario e colaborativo”, Cangas acolle esta fin de semana a Mostra do Posible que agrupará a 54 colectivos para compartir ideas, iniciativas e experiencias no campo da economía social.
Deste xeito, entre o sábado e o domingo, o evento, organizado pola Rede de Solidariedade Popular de Vigo, busca crear un espazo de encontro para movementos sociais organizando 24 actividades nas que se inclúen seis palestras, charlas, radio en directo, animación e concertos. Asemade, na Alameda instalaranse 35 postos para que as diferentes agrupacións participantes poidan contactar de forma directa coa cidadanía.
Desde a organización da Mostra, definen estas xornadas como un lugar para presentar iniciativas innovadoras, nas que predominan valores de respecto ao medio ambiente, ás persoas, á transparencia ou á democracia. “Con elas podemos democratizar a produción, a distribución, o comercio e a financiación. Falamos tamén de políticas públicas máis eficientes. Escollemos Cangas porque nos topamos moi cómodos/as aquí, dannos moitas facilidades. Cangas ten unha visión ética de futuro”.
Os asistentes poderán atopar proxectos innovadores relacionados co mundo enerxético, coas moedas sociais, cos selos de eficiencia… Múltiples fórmulas para que as persoas reflexionen e se fagan coñecedoras de propostas respectuosas que xiran arredor da economía; o traballo e finanzas; a saúde, alimentación e coidado do entorno; a educación, cultura e medios de comunicación; o urbanismo, abastecemento e refugallos; e os dereitos sociais
Cómpre destacar aquí que a Rede de Solidariedade Popular é unha asociación que conta con 63 redes en todo o territorio español. Desde fai 4 anos tamén está presente na cidade de Vigo, desde onde se promove o respecto colectivo para lograr o benestar social e a solidariedade.
Ademais das diferentes palestras e charlas, a Mostra do Posible de Cangas terá tamén espazo para o ocio e a música. Deste xeito, o sábado, a partires das 22:00 horas, o Palco da Alameda, acollerá o blues, country e rock&roll de Suso Cortegoso e o funk, samba e soul de Brazil Love Affair.
Ademais, tanto o sábado como o domingo ás 14:00 e 17:30 horas haberá unha sesión vermú acompañada pola música de Álvaro Muras (sábado) e Liz e As Ánimas Negras (domingo)
Las Festas da Peregrina ya tienen su programa definitivo para este verano. Se subirán al escenario voces muy destacadas del panorama español
Pontellas disfrutará de una gran verbena con dos espectáculos muy destacados. La Panorama y Los Player's pondrán a bailar y cantar al público
Tui disfrutará de una nueva visita guiada gratuita. Una cita que tendrá lugar este martes para descubrir su memoria democrática
Castrelos se prepara para vivir una de sus esperadas actuaciones para este verano. Un show para los y las más pequeñas de la casa
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL