O grupo vigués Xardín Desordenado ofrecerá este xoves, 5 de outubro, un concerto-homenaxe a Carlos Casares, autor das Letras Galegas deste ano. Baixo o título de “Carlos Casares, un xardín de poesía, contos e relatos”, o grupo formado por Santiago Ferragud, Marlene Rodrigues, Isaac Garabatos, David Outumuro ,Blas Segura e Lorenzo Boo interpretará os temas do seu terceiro traballo discográfico dedicado ao escritor ourensano, unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX.
Dende as 20:30 horas, os asistentes poderán desfrutar de cancións compostas sobre os relatos de Casares no MARCO de Vigo, amais de poemas recuperados pola fundación do escritor e que foron incluídos no disco. Blues ou bossa nova mesturaranse para dar conta de temas como A Galiña Azul, Primeira Lembranza, Un polbo xigante ou Amemos.
Este traballo forma parte da homenaxe de Xardín Desordenado ao autor das Letras Galegas de 2017. O grupo, dende o seu nacemento, ten como obxectivo promover a poesía galega, como así fixo nos seus dous primeiros traballos: “Xardín desordenado” (2011) e “aprendendo a ladrar (2014), traballo con poemas das poetas galegas.
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
"Vigo no será la ciudad del prohibido divertirse", acuerdo para poner una nueva fecha al festival cancelado el pasado sábado
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL