O Concello de Bueu pecha o seu programa de festas populares coa celebración do San Martiño que, seguindo a dinámica do proxecto das Freguifestas que se levou a cabo nas parroquias, contará cunha programación pensada para todos os públicos desde o 8 ata o 11 de novembro. Audiovisual, xogos tradicionais para toda a familia, deporte, castañas e música son a aposta da concellería de Cultura por unhas festas sostibles.
A vila de Bueu foi protagonista a comezos do outono da gravación do novo programa da Televisión de Galicia "Anacos de Vida" que se emitirá o vindeiro sábado 9 de novembro na canle pública. O día anterior, ás 20:30 horas, o Centro Social do Mar acollerá unha pre-estrea deste novo produto audiovisual. No mesmo participaron mulleres e homes tanto a título persoal coma en representación de diferentes colectivos, e que xunto ao alumnado do CEIP A Pedra e Arturo Cidrás -que son protagonistas polas súas historias persoais- fan un percorrido a través da memoria gráfica bueuesa polo noso pasado.
A mañá do sábado, o recinto de A Estacada acollerá uns campionatos de trompos e de bolas cos que se pretende fomentar a convivencia interxeracional para recuperar unha das actividades que máis éxito tiñan hai anos. Será a partires das 11:00 horas, polo que se anima á veciñanza de Bueu a que vaian recuperando os seus antigos xogos ou que acudan a mercalos para cumprir co refrán de "polo San Martiño trompos ao camiño".
A tarde acollerá a XXIV edición da Carreira Pedestre de San Martiño organizada polo Concello de Bueu en colaboración co Club Atletismo Corredoiras. As diferentes categorías competirán desde as 17:00 horas nas rúas da avenida de Montero Ríos ata finalizar coa proba senior.
Para rematar o programa festivo deste sábado, a troula trasládase á carpa instalada nas Lagoas onde terán lugar as actuacións musicais dos grupos Betty & The Amish e Jinetes del Trópico a partires das 21.00 horas. Os primeiros gustan de estilos coma o funky, swing, blues e soul de tódalas épocas, cun son elegante e cunha voz profunda. Despois será o turno de Jinetes del Trópico cun estilo de mestizaxe que eles definen como cumbia, reggaeton antimachista e punk tropical, e que veñen de tocar no verán en festivais como Atlantic Fest, Revenidas e Armadiña Rock.
O domingo 10, véspera de San Martiño, a carpa de As Lagoas contará pola mañá e pola tarde con xogos populares entre as 11:30 e as 13:00 horas e as 17:00 e as 18:30 para que goce toda a familia. Ademais para a cativada haberá inchables.
O día finalizará coa verbena a cargo da orquestra local Distrito 7, que fará bailar a xente de tódalas idades ao igual que fixo durante todo o verán nas freguifestas organizadas polo Concello.
O día de San Martiño seguirán os xogos populares e os inchables na carpa, aos que haberá que engadir un tradicional magosto popular desde as 17:00 horas previo a que ás 20.00 horas poña o broche de ouro ás celebracións a Orquestra Marbella, que volve dous anos despois a actuar nas festas patronais de Bueu.
Ademais desta programación do Concello, tamén haberá a mostra de fotografías antigas no adro organizada pola Asociación Cultural Santos Reis.
El "Mercado de Arte de Nadal" confirma la fecha para esta nueva edición. Habrá puestos con productos artísticos y actividades de ocio
Entenza, en Salceda de Caselas, acogerá en noviembre la XVII edición de la Festa dos Cogumelos. Habrá degustación, música y un homenaje
Vigo se suma a la semana del cine en España. Estas son las salas de cine que participan y algunas propuestas para disfrutarla
El Concello de Nigrán pone los Cines Municipales de A Ramallosa a pleno rendimiento con películas gratis los jueves y sábados
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL