A praza de San Fernando, o Paseo da Corredoira e o Teatro Municipal de Tui van ser este ano os escenarios do III Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo de Tui co patrocinio do Concello de Tui xunto a outras entidades. Este evento, que aposta pola nosa cultura tradicional, celebrarase o sábado 1, o domingo 2 e o venres 7 de xullo.
III Festival da Cultura Tradicional e Folk comezará o sábado 1 de xullo ás 20:00 horas na praza de San Fernando coa celebración do VIII Certame de Gaita e Tamboril no que van participar seis concursantes das catro provincias galegas. Ao remate, ás 22:30 horas, na mesma praza de San Fernando, estará en concerto Xosé Lois Romero e Aliboria presentando o seu segundo traballo discográfico “Latexo”. No mesmo mesturan o tribal e ritual coa música folk galega tendo coma resultado unha sonoridade propia.
O domingo 2 de xullo, a cita será no Paseo da Corredoira onde ás 11:30 horas terá lugar unha mostra conferencia a cargo de Yerai Souto do obradoiro de vestimenta tradicional “O Sarillo” creado en 2020 en Fene co obxectivo de recuperar a autenticidade do traxe tradicional. Xa pola tarde, ás 19:30 horas, celebrarase o VIII Día da Muiñeira no que van participar trece agrupacións de Tui, Vigo, Redondela, Marín, Ponteareas.
O III Festival da Cultura Tradicional e Folk pecharase o venres 7 de xullo ás 20:00 horas no Teatro Municipal de Tui coa estrea da obra teatral “Cartilla de racionamiento”. A entrada será de balde.
O director e dramaturgo da obra Yohel Santos González sinala que esta peza podería cualificarse coma un "caleidoscopio de emocións e memorias". Sobre o escenario presentarase un conxunto heteroxéneo de escenas que invocan ás lembranzas dos homes e mulleres que viviron a posguerra en Galicia e, en particular, en Tui. A obra é froito das entrevistas realizadas a persoas maiores de Tui nas que se plasma que tanto polo contan coma por coma o contan se pode admitir que “na memoria existen imaxes indelebles”.
Os actores e actrices protagonistas son Noa Pignol Gómez,Sergio Alfonso Agra e Miguel Alonso González, e amais aparecen tamén en escena Milagros González Monteiro, Conchi Gómez Rodríguez, Natividad Romero Domínguez, Alessia Malerba, Ana María Pedreira Sousa e Carla Solleiro Pedreira. Na parte musical están Carmen Fernández González, voz, e Eva María Fernández González, piano. O son corre a cargo de Isaac Millán Lledó e a iluminación de Nicolás Edreira Álvarez.
Tanto o director como actores e actrices propoñen xunto coas persoas de Tui, que participan na representación, diferentes atmosferas que “pretenden evocar uns anos extremadamente difíciles de soportar, xunto con algúns momentos de luz que sen dúbida deixarán ao público cun bo sabor de boca a saída do teatro” indica Yohel Santos.
Ya han presentado el programa completa de la Festa do Viño Tinto Rías Baixas. Un eventazo con festival, degustaciones, catas y mucho más
La organización de las Fiestas de Coia desvela todo lo que se podrá disfrutar desde este viernes en una de las grandes fiestas de Vigo
La Praza de Compostela de Vigo es ya el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de la Feria del Libro 2025
La isla de Ons acogerá una cita gastronómica para poner en valor un producto poco utilizada. También habrá música y visitas guiadas
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL