Una nova cita para desfrutar dunha froita moi demandada durante esta época. Os veciños de Beade celebran a “Feira – Festa da Cereixa”, que conmemora a súa XXXVI edición e realizarase durante os días 3 e 4 de xuño. O evento, que botou a andar por primeira vez no ano 1986 para ensalzar a froita característica da parroquia viguesa, dará comezo o sábado 3 de xuño ás 18:00 horas coa celebración da tradicional “misa cantada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade”.
Seguidamente, o auditorio do Centro Cultural de Beade recibirá ás 20:00 horas a Samuel Moreno con “Why Not? 2.0”, un espectáculo para todos os públicos que mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. O domingo, considerado como o día grande da cereixa, arrancará ás 11:00 horas co pasarrúas da Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” e a “recepción de autoridades”.
Entre as 11:30 horas e as 12:00 horas do domingo haberá degustación de balde da “Cereixa” e concursos de “Calidade”, “Derivados e Transformación”, “Presentación” e “Repostería”. A continuación será a quenda do “Acto central”, que contará coa actuación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo “Kv2211” e pregón a cargo de Tamara Novoa, nativa de Beade e directora dunha revista cultural viguesa.
Neste acto protocolario se fará entrega dos agasallos aos gañadores dos concursos citados anteriormente, aos rapaces premiados no concurso de carteis da cereixa, insignias aos socios máis antigos e rematará coa imposición das “cereixas de ouro”.
Tras o descanso para o xantar, a actividade se retomará ás 17:30 horas nos exteriores da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade coa Compañía Asacocirco poñendo en escea “Asacocirco Show”, un espectáculo para todos os públicos que mestura humor e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica, ritmo e poucas verbas onde o espectador se sentirá moi implicado.
Unha hora máis tarde, ás 18:30 horas, dará comezo o “Festival folclórico”, protagonizado polo Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega”, Grupo de gaitas “Arume” e Grupo de pandereitas “A volta do Demo”.
O “Fin de festa”, programado para ás 20:00 horas no auditorio do Centro Cultural de Beade, correrá a cargo da Banda de Gaitas “Xarabal”, formación fundada no ano 1984 por Antón Corral no mítico Obradoiro - Escola de gaitas e zanfonas da Universidade Popular de Vigo, participante no desfile de San Patricio en Nova York no ano 2016 e Vigués Distinguido no ano 2019.
O cartaz da “XXXVI Feira – Festa da Cereixa” leva a sinatura dunha alumna do I.E.S. de Beade.
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Piratas de Nabia reanuda este "crucero gastronómico", la "Ruta del Pulpo" con salidas desde Vigo, Pontevedra y Bueu
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL