Suma e sigue. Nigrán engade un novo festival a súa programación de verán despois do Solpor, o Nigranjazz ou o Vive Nigrán. Entre o 17 e o 20 de agosto, o paseo da Foz na Ramallosa celebrará o "Val Miñor Fest", primeiro festival da comarca dedicado á degustación da cervexa artesanal. "Un novo festival que chega a Nigrán para quedarse e formar parte das nosas propostas máis senlleiras do verán", en palabras do alcalde, Juan González.
En total, serán 11 marcas de cervexa artesanal galega, unha de Madrid e outra do Bierzo as que competirán por gañarse o título á mellor etiqueta do festival.
Entre todas as marcas haberá todo tipo de cervexas, dende a rubia tradicional, a outras con castañas, mel ou chile. Unhas serán suaves e outras poderán chegar até os 12 grados e os prezos arrancarán nos 2€. As marcas asistentes ao festival serán Faxilda, Bubela, Santo Cristo, A cova da serpe, Trisk-Ale, Vacaloura, Belecker, Nos, Áncora, Nasa, Palecat, Saramagal e Kel´s.
Ademais, organizaranse obradoiros, cursos gratuítos de elaboración de cervexa artesanal ou unha cata organizada por profesionais do sector. Neste casos débese solicitar inscrición previa. No caso do curso de elaboración de cervexa no correo [email protected] namentres que para participar na cata é necesario escribir a [email protected] e ten un custe de 7€ por persoa.
O programa do "Val Miñor Fest" inclúe ademais concertos durante as noites. A primeira xornada contará coa actuación, dende as 19:00 horas, de Rapariga JD, dos nigraneses Blue Monk de Wondercovers e do DJ Crus-P. Ao longo do festival tamén actuarán Off Room, San Rockers ou Los Pontiaks, entre outros.
Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"
Este parque hinchable desembarca este fin de semana en Marín donde abrirá con estos horarios tanto el sábado como el domingo
La plaza Vialia Vigo acoge una fiesta del running con Érguete e Corre, la prueba solidaria que rendirá tributo a "las madres contra la droga"
Continúa el ciclo de cine "Activistas: cinema por mulleres" en Vigo. La próxima sesión abordará la realidad de Portugal
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL