Tal día como hoxe fai un ano o monte galego ardía sen control. O sur de Galicia, e nomeadamente da provincia de Pontevedra, contemplaba atónita como as lapas facían cinza a biodiversidade forestal. Un dos municipios mais afectados por aqueles lumes, o de Nigrán, onde dúas persoas perderon a vida, celebra hoxe unha andaina para facer visible a aposta decidida por coidar e recuperar o monte.
Así, coincidindo xusto co primeiro aniversario dos incendios, o futuro parque forestal de Os Matos-Río Táboas, situado entre as parroquias de Camos e Chandebrito, acollerá unha andaina "polo futuro dos montes".
Te puede interesar: Recuperar un monte quemado cuesta de media 2.000€ por hectárea
A cita arrancará ás 17:00 horas da Igrexa do Cemiterio de Camos (rúa do Sobral) e terá unha duración aproximada de dúas horas, estando guiada por Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra.
A vaga de lumes do 15 de outubro de 2017 cebouse precisamente nesta contorna onde se creará o primeiro parque forestal do Val Miñor, espazo que se estenderá ao longo e ancho de 42 hectáreas na zona común de Os Matos, nas ribeiras do río Táboas, e que dá orixe ao principal río do Concello, o Muíños.
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
"Vigo no será la ciudad del prohibido divertirse", acuerdo para poner una nueva fecha al festival cancelado el pasado sábado
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL