O Concello de Nigrán arranca mañá venres a programación cultural de Nadal co concerto de Cherry Sweet ás 19:00 horas no Auditorio Municipal co novo aforo permitido polas autoridades sanitarias (90 persoas máximo). Cherry Sweet felicitará as festas co máis "elegante e glamuroso" swing ao estilo dos anos 50. Contrabaixo, batería, guitarra e as voces harmonizadas das súas tres cantantes, propias dos arranxos do estilo, farán un percorrido por algunha das máis famosas melodías de Nadal: Santa Claus is coming to town, Gingle bells rock, All I want for Christmas is you, White Christmas e outros clásicos son parte da súa proposta para levar moita alegría e swing ao público.
A programación cultural está 100% formada por artistas do municipio despois de que o Concello abrise unha liña de contratación específica como axuda ao sector, ademais, se trasladará a cada parroquia co obxectivo de que sexan actos con aforo reducido e poder así cumprir os protocolos sanitarios chegando a toda a veciñanza (sempre que non chova será en exterior).
Os artistas locais Rei Midas, o dúo Voltereta e Volvoreta e o grupo Teatro do Ar se desprazarán co mesmo espectáculo a cada unha das sete parroquias grazas á colaboración das respectivas entidades veciñais e culturais. A maiores, e tamén apuntados na bolsa de contratación municipal, terán lugar na Praza do Concello ás 19:00 horas os concertos de Backup Souls (31 de decembro), Proxy (23 de decembro) e o grupo de batucada 'Latexos' (26 de decembro), así como a actuación de Peter Punk na Praza Rosalía de Castro (4 de xaneiro ás 17:00 horas).
Igual filosofía de achegar ás sete parroquias os mesmos eventos para non exceder aforos e evitar concentracións se levará a cabo o día 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis. Tal e como xa explicaron as Súas Maxestades a través dun vídeo para os nenos e nenas de Nigrán, multiplicarán o seu esforzo grazas, unha vez máis, a colaboración das respectivas entidades veciñais e culturais.
Una parroquia de Portas, a 40 minutos de Vigo, tendrá dos días de fiesta por San Blas. Habrá feria, verbenas, sorteos y callos y queimada gratis
Todavía estás a tiempo de escaparte a Tui para dejarte enamorar por las flores. Este domingo termina la "Mostra da Camelia"
O Revoltallo, que alcanza su 32ª edición, desvela las fechas para este 2025. Un año más volverá a ser gratuito
El centro de Vigo acogerá una curiosa fiesta por el Año Nuevo chino. Una jornada con degustaciones gastronómicas, talleres y mucho más
Liderados pola investigadora María Mayán, buscan terapias innovadoras en envellecemento e cancro. A gala será o 24 de xaneiro
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL