• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

O Festival de Cans comeza este martes con música, charlas, homenaxes e moitas proxeccións

O Festival de Cans comeza este martes con música, charlas, homenaxes e moitas proxeccións
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/05/2023

A XX edición do Festival de Cans arranca este martes cunha intensa programación de cinco días de cine, música e homenaxes a persoeiros do mundo do cine e aos veciños da aldea de Cans que "fan posible co seu traballo e dedicación unha das citas senlleiras do audiovisual galego cada ano". Na vixésima edición do festival haberá sección competitivas marcadas polas estreas de curtametraxes, a presenza dunha destacada directora, Valérie Massadian, no apartado Foco Internacional, diversos coloquios e actividades paralelas e máis de 25 actuacións musicais con grupos como Los Punsetes, Fillas de Cassandra, Mr. Kilombo ou The Limboos´.

O festival tivo unha previa o pasado fin de semana coa proxección de dúas longametraxes de Valérie Massadian, a presentación do novo proxecto musical de Eladio Santos, Ronsel, a a inauguración de “Collage#Catástrofe”, a exposición de collages do escritor Diego Giráldez. Todas as actividades contaron cunha boa acollida por parte do público, asistiron máis de 200 persoas, o que fai pensar que "imos ter unha das mellores edicións do evento, despois duns anos nos que a pandemia impediu celebrar con total normalidade o certame", destacan dende a organización. Outra das novidades a destacar é a volta dos rapaces de institutos e colexios. A organización agarda que pasen máis de 500 rapaces polas sesión matinais do Festival de Cans.

Másnoticias

Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño

Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño

22/07/2026
Uno de los festivales más esperados de las Rías Baixas cierra su cartel con todo un clásico

Uno de los festivales más esperados de las Rías Baixas cierra su cartel con todo un clásico

22/07/2026

A xornada de este martes ábrese ás 10:00 horas coa inauguración da Rúa Efémera do festival que este ano está dedicada ao dramaturgo e cineasta pioneiro do Grupo Lupa, Roberto Vidal Bolaño. A pequena praza que existe diante da Casa Parroquial de Cans, pasará a denominarse por uns días “Praza de Roberto Vidal Bolaño”, á beira de outros nomes de rúas en Cans como Chano Piñeiro, Pilar Pereira ou María Casares.

A homenaxe a Vidal Bolaño completarase cun coloquio que terá lugar ás 12:00 horas no Baixo de Carlos, coa presenza de Laura Ponte, Roi Vidal, Antonio Mourelos e Isabel Blanco. Pola tarde comezarán as proxeccións ás 16:30 horas, co documental “Quererla es crearla”, dirixido pola chilena Cecilia Barriga e que será presentado pola produtora do filme, a porriñesa Sandra Fernández Carrera. A entrada é libre ata completar o aforo do Centro Cultural Municipal. Neste mesmo espazo terá lugar ás 18:30 horas o encontro de realizadores de videoclips e ás 20:30 horas, un interesante coloquio co xornalista musical Xavier Valiño, con imaxes arredor dos mellores documentais da historia do rock.

Noite Lasal e venda de entradas

Pola noite, a partir das 22:00, terá lugar a Noite Lasal na Praza do Concello coa proxección dos 19 videoclips musicais que compiten por seren recoñecidos como a mellor peza galega do ano. Entre eles estarán obras de Xaime Miranda, Toño Chouza, Alba Domínguez, Adrían Canoura ou Aldara Pagán, e grupos emerxentes como De Ninghures, Mondra ou Mel, xunto con outros veteranos como Ruxe-Ruxe ou Xabier Díaz. A primeira noite do festival culminará cun concerto de Zeltia Irevire, previsto para as 23:30 horas.

A venda de entradas online para as actividades de pago do festival quedará pechada este martes ás 13:00. Dende ese momento as entradas so poderán mercarse no posto de merchandising do evento. Xa están esgotados os pases para as sesións de proxeccións da tarde e quedan moi poucas para as matinais e para o concerto do chileno Nano Stern no Invernadoiro.

Programación para este martes

  • 10:00 horas: Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.
  • 10:30 horas: Inauguración Rúa Efímera Roberto Vidal Bolaño, como homenaxe ao dramaturgo. Torreiro de Cans. Asistirán Roi Vidal Ponte, fillo de Vidal  Bolaño, as actrices Laura Ponte e Isabel Blanco, Delegada da Asociación de Actores e Intérpretes (AISGE), os actores Antonio Mourelos e Eduardo Rodríguez “Tatán”, acompñados polo Secretario Xeral de Política Linguística, Valentín García. Haberá Foto en chimpín.
  • 10:30 horas: Masterclass “Subtitulado e accesibilidade”, co profesor Pablo Romero-Fresco. Baixo de Carlos
  • 12:30 horas: Coloquios Fundación AISGE "Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo con alma de cineasta".Baixo de Carlos. Coa presenza de Roi Vidal Ponte, Laura Ponte, Antonio Mourelos e Isabel Blanco. Moderado por Ana Cermeño.
  • 12:00 horas: Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.
  • 16:30 horas: Proxección "Educación inclusiva. Quererla es crearla" de Cecilia Barriga. Auditorio interior Centro Cultural Municipal Coloquio coa produtora do filme, a porriñesa Sandra Fernández Carrera.
  • 19:00 horas: Encontro “Dalle Caña”. Coa presenza dos 19 realizadores finalistas e membros dos grupos que protagonizan os videoclips. Auditorio interior Centro Cultural Municipal. Modera Moisés Álvarez.
  • 20:30 horas: Charla–Proxección "Historia dos documentais musicais" con Xavier Valiño. Auditorio interior Centro Cultural Municipal.
  • 22:00 horas: Concurso NOITE LASAL de videoclips. Praza do Concello.
  • 23:30 horas: Actuación: Zeltia Irevire. Praza do Concello.
Temas: A LouriñaCansCineFestival de Cans 2023músicaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Tomiño empezará el fin de semana con un concierto gratis en una de sus joyas del románico
Música

Tomiño empezará el fin de semana con un concierto gratis en una de sus joyas del románico

Medinukai Ensemble ofrece a última hora de este viernes un concierto gratuito en una de las joyas del románico de Tomiño

PorPaula Carballo
22/07/2026
Seis visitas guiadas gratis en O Rosal para descubrir los increíbles y emblemáticos Molinos de Folón y de Picón
Qué hacer

Seis visitas guiadas gratis en O Rosal para descubrir los increíbles y emblemáticos Molinos de Folón y de Picón

Vuelven unas de las rutas más espectaculares del área de Vigo. Los Molinos de Folón y de Picón volverán a acoger visitas guiadas gratis

PorSara Rodríguez
22/07/2026
A Guarda enamora a España y pasa de fase en el concurso de la Navidad de Ferrero Rocher
Qué hacer

Vuelve una emblemática fiesta gastronómica de las Rías Baixas con el pez espada como protagonista

A Guarda ya se prepara para celebrar una de sus grandes citas gastronómicas. La Festa do Peixe Espada regresa con una nueva edición

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Un barrio de Ourense tendrá un fiestón con tres de las mejores orquestas de España y fuegos artificiales
Fiestas

Un barrio de Ourense tendrá un fiestón con tres de las mejores orquestas de España y fuegos artificiales

Tres grandes verbenas con tres de las mejores orquestas de España, fuegos artificiales, magia y espectáculos. Así es esta fiesta en Ourense

PorPaula Carballo
22/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X