• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Música

A fin de semana na que a maxia do jazz invade o corazón de Vigo

A fin de semana na que a maxia do jazz invade o corazón de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Uxía PérezPorUxía Pérez
29/06/2018

O Festival de Jazz de Vigo, organizado polo Concello de Vigo, espállase por toda a cidade xa desde o mesmo sábado de mañá, para chegar a todos os públicos.

Así, o festival empeza as mañás da fin de semana coa actividade infantil Música na Maleta, programada en dúas sesións independentes, unha o sábado e outra o domingo. O espectáculo é a proposta lúdico-educativa para achegar os nenos e nenas de entre 5 e 12 anos ao mundo sonoro mediante a creatividade, a investigación e a manipulación de materiais cotiáns aos que se lles dá unha utilización totalmente distinta ao seu uso habitual. Da man dun dos pedagogos especializados en educación musical infantil máis prestixiosos, Tomás Rábanos.

Másnoticias

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

21/07/2026
Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026

Para a tarde do sábado, na praza da Princesa ás 18:30 horas, unha proposta local. En 2012, o saxofonista de jazz lituano Rolandas Butkevicius, logra facer realidade unha teima: baixo o amparo da asociación de veciños Emilio Crespo de Navia, crea unha banda que terá como obxectivo alcanzar a estrutura, aparencia e sonoridade auténticas das grandes "big bands" norteamericanas da primeira metade do século XX, seguindo as tradicións marcadas por Glenn Miller, Benny Goodman, Duke Ellington e Count Basie: a Big Bang Band, formada por cinco saxos, tres trompetas, tres trombóns, guitarra-voz, piano, contrabaixo e batería.

A actuación do Auditorio do sábado lévanos a un son que hai que descubrir por un mesmo. No transcurso dunha carreira estelar de máis de 30 anos, Kenny Garrett converteuse sen dúbida no saxofonista alto máis importante da súa xeración. Ganador dun Grammy en 2010 ao mellor álbum de jazz instrumental e cinco veces nominado, nomeado en 2011 doutor honorífico polo Music Berklee College.

Desde o seu primeiro concerto coa Orquestra de Duke Ellington en toda a súa carreira, pasando tempo e compartindo con músicos como Freddie Hubbard, Woody Shaw, Art Blakey & The Jazz Messengers ou Miles Davis, Garrett sempre tivo un son característico e unha melodía moi distintiva incluso en diferentes linguaxes ou “situacións musicais”.

Nos últimos vinte anos, seguiu crecendo como compositor e como líder da súa propia banda. Editou o seu último disco ata agora “Do your dance”, caracterizado en parte por contar con estruturas sinxelas, melodías previsibles, solos auténticos da marca Garrett e con tremendo Groove, inclúe desde o straight jazz hasta o jazz máis contemporáneo a “46 revolucións”, mesmo tintes caribeños e xestos a músicos como Corea ou Chucho Valdés. Kenny Garrett actuará xunto a Vernell Brown (piano), Corcoran Holt (contrabaixo), Samuel Laviso (batería) e Rudy Bird (percusión). O concerto será no Auditorio do Concello ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 8 euros.

As previsións con posibilidades de chuvia propiciarán que o Manolo Gutiérrez Trío actúe a cuberto. O recital será ás 23:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Este pianista fundamentalmente autodidacta, aínda que ten participado de maneira habitual en seminarios e clases mestras e particulares de piano, harmonía e composición conta cunha carreira profesional que abarca desde o rock, o folk, a world music, o blues, o jazz e as gravacións como músico de sesión ata a composición de música para teatro e documentais. Na actualidade traballa fundamentalmente con Sumrrá, xunto a Xacobe Martínez e Lar Legido, e como profesor de piano e combo no Estudio Escola de Música. Nesta ocasión, este trío é unha proposta fundamentalmente jazzística, aínda que aberta á interacción con outras estéticas. O son do grupo está baseado en composicións orixinais e na procura dun espazo sonoro común no que poidan convivir as propostas musicais dos seus compoñentes. A idea é partir da liberdade individual para conseguir un son conxunto; ou sexa, que cada un achegue as súas ideas e a súa personalidade, poñéndoas ao servizo da causa común, cunha visión extensa do feito musical libre de ataduras e clixés. Ten un disco editado: Illa da Lúa, con Tom Warburton no contrabaixo e Dani Domínguez na batería. Tras un descanso para atender outros proxectos, está de novo en marcha, esta vez con Iago Fernández na batería e cun novo disco gravado.

Non faltarán as jam sessions (que chegarán ás 24:00 horas e de balde) como broche final de cada un dos días, nas que o público poderá vivir desde moi preto eses momentos que van compartir os músicos de todos os niveis e procedencias. Unha oportunidade única, tanto para os creadores da arte como para o público, de vivir a maxia da música. Os escenarios elixidos para as jams son os locais que apostan por ofrecer unha programación de jazz constante, porque grazas a eles esta demanda se ve cuberta durante todo o ano.

A do sábado, no Café Vitruvia, será a cargo do Max Gómez Cuarteto. Max Gómez, músico galego, participou en numerosos festivais de jazz. Estudou ademais en Nova York cos grandes mestres do jazz como Kendrick Scott, Miguel Zenón, Ben Street, Marcus Strickland, etc. A formación é Max Gómez (batería), Juansy Santomé (contrabaixo), Xosé Miguélez (saxo) e Sunil López (piano).

A jam do domingo, tamén no Vitruvia, correrá da man do Dani Font Quartet. Nesta ocasión o guitarrista vigués Dani Font incorpora a figura do xenial saxofonista portugués José Soares ao seu trío de xa longa traxectoria, do que forman parte Álex Touceda (contrabaixo) e David Puime (batería). Este proxecto acada así un son sólido e firme, fortemente arraigado na linguaxe do jazz, na súa versión máis lírica e innovadora.

A actividade programada para a tarde do domingo na praza da Princesa, tamén ás 18:30 horas, conxuga música jazz e baile de xeito que pretende conquistar e sorprender os viandantes. Ao son de The Alley Stompers, os grupos de baile Swing On Vigo e Mayeuswing demostrarán a súa habilidade, ao mesmo tempo que invitarán a participar a quen así o desexe.

The Alley Stompers son dixieland, jazz, blues e swing. Este espectáculo representa unha viaxe no tempo, un retorno de sensacións, que recrea a atmosfera da Nova Orleáns dos anos 20 e 30 revisando o repertorio que fai honor a esta época dourada do jazz. Os seus compoñentes, músicos profesionais de grao, todos eles moi activos e coñecidos no panorama jazzístico galego: o italiano Rosolino Marinello ao clarinete e os saxos, o francés Nacho Pérez ao banjo, os galegos Antonio Otero, voz e saxo tenor, Óscar Prieto á tuba e Chus Pazos á batería. Son una formación vistosa, potente, organizada en torno aos instrumentos máis tradicionais do jazz, ao máis puro estilo das bandas tradicionais americanas. É un espectáculo que está pensado para gozalo bailando ou desde unha butaca (representación en teatros) e resulta ideal para todos os públicos. O ritmo, a calidade musical e o bo humor son a tarxeta de visita de The Alley Stompers.

https://www.youtube.com/watch?v=bjF2UqHwv7M

A posterior cita do domingo é con Charenée Wade. Entre as revelacións vocais máis destacadas do circuíto do jazz sobresae por méritos propios esta vocalista afromaericana: Primeira finalista no Concurso Internacional Vocal “Thelonius Monk” ou intérprete do “Betty Carter's Jazz Ahead Program” no Kennedy Center, Washington. Charenée Wade, ademais de ser unha das cantantes con máis proxección do jazz internacional, é unha grande compositora, “arreglista” e educadora. Chegou a formar parte dos únicos catro talentos escollidos para formar parte do obradoiro de músicos de Dianne Reeves no Carnegie Hall.

Un concerto no que presenta un repertorio a modo de homenaxe, ofrenda necesaria e á súa vez estimulante, da música de Gil Scott Heron, cunhas dinámicas sorprendentes, innovadoras e de vangarda, recordando nalgúns momentos ese timbre e a garra de Betty Carter ou Sarah Vaughan e que provoca tamén a gravación do seu segundo álbum “Offering” (2015), no que contou con músicos como Lonie Plaxico, Stefon Harris, Marcus Miller ou Christian Mcbride. Charenée Wade (voz), Oscar Pérez (piano), Paul Beaudry (contrabaixo) e Marc Ayza (batería). O concerto será ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 8 euros.

Temas: espectáculos en VigoFestival de Jazz de VigojazzmúsicaVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España
Qué hacer

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha
Qué hacer

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

"Vigo no será la ciudad del prohibido divertirse", acuerdo para poner una nueva fecha al festival cancelado el pasado sábado

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Más de ocho horas de música electrónica en uno de los mejores miradores de la ría de Vigo
Música

Un evento gratuito convertirá una azotea de Vigo con vistas a las Cíes en el epicentro de la música electrónica

Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Castrelos convertido en un camping, furor por las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Música

Castrelos convertido en un camping, furor por las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo

Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo

PorCarlos I. Castrillón
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X