• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

O Festival Intercéltico do Morrazo aposta por artistas locais como Budiño para unha gran edición en Moaña

O Festival Intercéltico do Morrazo aposta por artistas locais como Budiño para unha gran edición en Moaña
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
04/05/2024

O Intercéltico do Morrazo chega este ano á súa XL edición e celebrarase cunha chea de concertos e actividades paralelas de balde. O festival organizado polo Concello de Moaña terá lugar do 23 ao 28 de xullo de 2024 e contará cunha gran programación de directos, con nomes destacados do panorama galego como Budiño ou Mercedes Peón e artistas internacionais como Brighde Chaimbeul & Cyril O’Donoghue.

Complementando a programación de balde que ofrecerá o festival, cunha ampla representación moañesa, celebrarase a terceira edición da Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional, que contará con cartel propio, será presentado nas próximas datas. Este evento paralelo terá presentacións, expositores, obradoiros, desfiles e actuacións de música e danza tradicional e está organizado pola Asociación Moaña AntiQua e o Concello de Moaña.

Másnoticias

Últimas plazas para disfrutar de dos rutas gratuitas por Monteferro y Praia América en Nigrán

El cadáver momificado hallado en Monteferro, Nigrán, era el de un vecino de Cangas de 43 años

03/06/2026
Evacúan en helicóptero a un hombre tras cortarse con una motosierra trabajando en las Cíes

Fallece un hombre que cayó al mar mientras pescaba en Cabo Udra, en Bueu

31/05/2026

Dentro do programa de concertos de balde que ofrecerá o Festival Intercéltico do Morrazo entre o xoves 25 e o sábado 27 de xullo destacan grandes nomes como Budiño, Mercedes Peón ou Brighde Chaimbeul & Cyril O’Donoghue. Serán nove os directos que ofrecerá o festival do Morrazo, que comenzará os xoves 25 de xullo ás 22:00 horas con Xavier Blanco en Raíz, o mestre gaiteiro local que ofrecerá unha representación de música de raíz e tradicional identitaria de Moaña.

A continuación será o momento de Eoghanxo Unit, o novo proxecto que ven a consolidar a colaboración nos últimos 15 anos entre o gaiteiro moañes Anxo Lorenzo e o violinista irlandés Eoghan Neff.  A noite pechará co sabor escocés co trío de Finlay MacDonald, quen foi un dos primeiros gaiteiros en recibir unha licenciatura en música e gaita escocesa pola Royal Scottish Academy of Music and Drama, abrindo camiño como un dos mellores expoñentes da gaita tradicional e contemporánea en Escocia.

O proxecto de Obal abrirá a sesión do venres ás 22:00 horas. A banda formada polo moañés Iván Costa xunto a Jaime Rebollo e Diego Langarika, presentarán o seu novo espectáculo que combina os seus traballos discográficos anteriores "Baile en Massó" (2019) e Posotopía (2022).

A continuación chegará Mercedes Peón, quen volve ao Intercéltico con “Ingrávida” a celebración do vixésimo aniversario do seu primeiro disco en solitario. Despois de afondar na tradición durante máis de 25 anos, Mercedes Peón sube aos escenarios consolidada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da música contemporánea e de raíz.

Pechará a noite do sábado o grupo de música tradicional galega Os Melidaos. Autodefinidos como sete gaiteiros que tocan e cantan, veñen desenvolvendo a súa actividade musical dende 2001 baixo o principio de que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar.

Xa de cara ao sábado 27 de xullo, chegará os escenario do FIM a histórica banda de gaitas Xarabal, fundada por Antón Corral en 1984 co seu “40 aniversario”. Subirán ao escenario ás 22:00 horas tralo seu propio desfile por Moaña.

A continuación será o momento de Budiño que presentará na súa casa o seu último traballo “Branca Vela”, un proxecto participado con grandes amigas e amigos do músico moañés: Leilía, Guadi Galego, De Vacas, Diego Cabaleiro, Tania Caamaño entre outras, ademais de dúas letras compostas por Antía Otero e Manuel Rivas.

Pecharán a noite e os concertos do FIM Brighde Chaimbeul & Cyril O’Donoghue. A escocesa Brìghde Chaimbeul recibiu o The Horizon Award á mellor artista emerxente nos BBC Radio 2 Folk Awards 2019, tamén é a gañadora do BBC Radio 2 Young Folk Award de 2016 e a candidata aos Scots Trad Music Awards 2017 "Up and Coming". Brighde toca a smallpipe escocesa cun estilo enraizado na cultura e na lingua gaélica, pero inspírase nunha variedade de tradicións de gaitas. Estará compañada polo mítico intérprete de guitarra e buzuki, o irlandés Cyril O’Donoghue que volve ao Intercéltico logo de estar presente na edición de 2016 coa formación irlandesa Dubhlinn.

Festival Intercéltico do Morrazo en Moaña 

Temas: Festival Intercéltico do Morrazofestivales de música en GaliciaMoañamúsica folkO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo
Qué hacer

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo

Vigo acogerá un mercadillo vintage solo durante un día. Se podrán encontrar muebles retro, moda vintage y otras piezas

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos
Fiestas

Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos

Mos calienta motores para la Festa da Rosa y continúa desvelando novedades. Arrancará con el lanzamiento del cohete y una gran orquesta

PorMetropolitano
04/06/2026
El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo
Qué hacer

El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo

"Lo vamos a ver entre cervezas, amplios, guitarras", señala un local de Churruca, que propone esta propuesta para ver el Mundial en Vigo

PorIván Dacal
03/06/2026
¿Está en Galicia el mejor panadero de España? Un certamen nacional aterriza en el área de Vigo
Qué hacer

¿Está el mejor pan de España en el área de Vigo? Un concurso en Mos premia las mejores recetas

El Pazo de Mos acoge el concurso "Premio Estrellas de la Panadería Española 2026". ¿Está una receta del área de Vigo entre las mejores?

PorIván Dacal
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X