A Agrupación Cultural Moañesa de Música e Danza celebra este sábado, 11 de agosto, o festival folclórico “Son Moañesa”, un evento que busca promover, recuperar e difundir o folclore e a cultura popular galega.
A cita, que se celebrará no Palco da Música de Moaña, arrancará ás 21:30 horas co desfile dos grupos participantes dende a Estación Marítima ao Palco, onde darán comezo as actuacións.
Na súa cuarta edición, "Son Moañesa" recibirá ao grupo da Asociación cultural Brisas do Quenllo, que nace no ano 1998 en A Pontragha-Numide, no Concello de Tordoia. Constituída por 40 persoas, con varios grupos de tocadores e tocadoras, baile, banda de gaitas, acordeóns e zanfonas, Brisas do Quenllo participará no festival xunto aos organizadores.
O Festival “Son Moañesa 2018”, enmarcado dentro da programación de “Días de Mar”, está organizado pola A.C. Moañesa de Música e Danza, e conta coa colaboración do Concello de Moaña a través da Concellerías de Cultura e Turismo.
¿Quieres ir a Castrelos a disfrutar del concierto de Molotov? Aún quedan entradas disponibles y las puedes conseguir así
El Centro Comercial Gran Vía de Vigo vuelve a convertirse en el punto de salida del Rally das Donas, con vehículos históricos y moda de época
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Un nuevo campo de girasoles se podrá visitar desde esta semana en el norte de Portugal. Está junto a la playa y es completamente gratis
Búscanse os mellores xeitos de compatibilizar actividade turística e conservación ambiental
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL