O Ciclo Mestre Mateo que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra celebrará este próximo sábado a súa segunda sesión coa proxección nos concellos de Ponteareas, Poio, Redondela, Cambados e Forcarei do premiado documental “A virxe roxa”, a cinta gañadora do galardón nesta categoría. O ciclo, que busca dotar aos concellos da provincia dunha programación audiovisual estable de cinema en galego exhibirá ao longo do ano o resto das películas premiadas e finalistas dos Mestre Mateo 2022, polo que amais de “A virxe roxa” tamén proxectaranse nos próximos meses os documentais “A poeta analfabeta”, “Welcome to ma maison” e “O gran Camiño” así como as longametraxes “Tres”, a premiada, e as finalistas “Cuñados”, “Jacinto” e “Malencolía”.
A proxección do documental “A virxe roxa” terá lugar ás 18:00 horas no Multiúsos de Soutelo de Montes de Forcarei; ás 19:30 horas no Multiúsos A Xunqueira de Redondela e ás 20:00 horas no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados, no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio e na Sala Multiúsos do Auditorio Municipal de Ponteareas.
“A virxe roxa” leva á pantalla a historia dun suceso que conmocionou á España de 1933, o asasinato de Hildegart Rodríguez, de 18 anos, pola súa nai Aurora Rodríguez Carballeira, que lle asestou 4 disparos. Hildegart era unha nena prodixio da política, unha precoz intelectual e pioneira do feminismo en España. O filme, unha produción de Recrea Films, está dirixido por Marcos Nine, que tamén asina o guión xunto a Rocio González, e conta coas voces de Nerea Barros, Antonio Durán “Morris” e María Vázquez.
Una de las fiestas de este agosto en Salvaterra promete dos grandes verbenas. Una de las noches estará la orquesta El Combo Dominicano
Valença se prepara para su festival gastronómico donde el cordero será protagonista y estará acompañado de vino y música en directo
El Encoro Fest, que se celebrará el 5 de septiembre, forma parte de las Fiestas de Zamáns. Estos son los artistas confirmados
Las carrilanas volverán a recorrer el circuito de Arcade de Riba. Es uno de los atractivos del final de mes en el Concello de Soutomaior
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL