Jean Michel Verne chega hoxe xoves á Vigo, onde ofrece ás 19:30 horas unha conferencia no salón de actos do MARCO, despois de visitar a exposición "Jules Verne. Os límites da imaxinación" e a escultura do escritor no Náutico. "Queremos reforzar a cultura verniana en Vigo", explicou Caballero.
Jean Michel Verne, ademais de tataraneto do autor de Nantes, é escritor e xornalista, colaborador en prestixiosas publicacións internacionais, experto no traballo de Jules Verne, autor de diversos traballos sobre a súa obra e membro da Societé Jules Verne de Francia.
Jean Michel chega a Vigo 140 anos despois de que o fixera o seu tataravó por primeira vez, data que a cidade está a conmemorar con distintos actos. O MARCO acolle a mostra "Jules Verne. Os límites da imaxinación", que ofrece contido específico da vinculación do autor francés e a cidade olívica, exposición que visitará este xoves o seu tataraneto tras facer o propio coa escultura de Verne no Náutico vigués. Posteriormente, no salón de actos do citado museo, ofrecerá unha conferencia.
O alcalde, Abel Caballero, enmarcou a visita do tataraneto do autor e "gran especialista" na obra do seu antepasado na vocación municipal de "reforzar a cultura verniana en Vigo". O rexedor indicou que "20.000 leguas de viaxe baixo dos mares" -que en parte ten lugar na cidade cun capítulo titulado "A baía de Vigo"- é a segunda obra da narrativa universal máis lida no mundo, despois do Quixote.
Ya han presentado el programa completa de la Festa do Viño Tinto Rías Baixas. Un eventazo con festival, degustaciones, catas y mucho más
La organización de las Fiestas de Coia desvela todo lo que se podrá disfrutar desde este viernes en una de las grandes fiestas de Vigo
La Praza de Compostela de Vigo es ya el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de la Feria del Libro 2025
La isla de Ons acogerá una cita gastronómica para poner en valor un producto poco utilizada. También habrá música y visitas guiadas
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL