A tempada de rapas das bestas comeza esta fin de semana en Oia co tradicional curro da Valga, que se celebra este domingo 8 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central da celebración (tarefas de rapa e marcado) arredor das 17:00 horas.
A partir das 9:00 horas os gandeiros comezarán a xuntar as bestas e estímase que a chegada dos cabalos ao recinto da Valga (parroquia de Loureza) se producirá arredor as 13:00 horas. Xa pola tarde, sobre as 17:00 horas, terán lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte. En total, estímase que arredor duns 300 cabalos participarán este ano.
O curro da Valga transcorrerá no seu habitual ambiente festivo, de forma que as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar dunha xornada que combina actividade, celebración e tradición popular arredor do cabalo da Groba. Despois do da Valga, que abre a tempada, en Oia desenvolveranse os curros de Torroña (5 de xuño) e Mougás (12 de xuño).
En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase a prohibición de realizar acampadas. As autoridades realizarán accións de vixilancia en días previos a fin de evitar este tipo de actividades non permitidas.
Finalmente, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos.
Llega la primera edición de la Festa dos Callos de Cabral. Conoce los precios, horarios y distintos platos que se ofertarán
Comienza la segunda edición del festival dedicado al legado de 'El Hematocrítico' con unas jornadas llenas de eventos para todos los públicos
El ciclo de shows de comedia y música llega al Centro Comercial Gran Vía de Vigo durante el mes de noviembre
Ourense desvela su programa para su gran magosto. Habrá una orquesta top, castañas gratis y otras recetas como chorizo asado o callos
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL