
A penúltima fin de semana da Guarda arranca este venres coa presentación do libro "Salcidos en branco e negro" ás 20:30 horas no Centro Cultural. Trátase dunha publicación que naceu despois do éxito da exposición homónima e que recopila a historia da parroquia a través dunha pequena selección de fotografías tomadas por veciños anónimos e por fotógrafos guardeses coma Jimenez, Costiña, Rivas ou Valencia. Deseguido, proxectarase a película "O Pisco", ambientada na parroquia tomiñesa de Goián na época do estraperlo e gravada polo Grupo San Roquiño de Goián.
O sábado será a quenda dos máis pequenos coa sesión de "Contos contados" especial de Nadal, na que as cativas e cativos poderán coñecer historias tradicionais destas datas da mans da ‘avoa’ Carmen Baz e o ‘avó’ Manual Cadilla, máis coñecido como «Maruxo», a partir das 11:30 h. Deseguido, poderán participar no obradoiro de decoración de Nadal, co que contribuirán á decoración da árbore que permanecerá na Biblioteca durante as festas
As mañás de "Música na rúa" comezarán tamén o sábado, a partir das 11:00 horas, coa actuación do grupo O Trebón dos Xidos, que percorrerán as rúas coa súa música introducindo aos guardeses e guardesas no ambiente festivo propias destas datas.
Xa ás 20:30 horas, os Festivais de Nadal continuarán co concerto de pandereteiras no Centro Cultural. Participan os grupos Arghaceiras do Muño e Caramuxiñas da Asociación Folklórica Vento Mareiro, as Palqueiras da Asociación Cultural Xamaraina, e os grupos Carainas, Coiro Vello e Tambaluca, así como o grupo de pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa.
O deporte, coa celebración da tradicional carreira de San Silvestre, cerrará a fin de semana na Guarda. A proba, organizada pola Sociedade Atlética do Trega, comezará a partir das 10:30 horas no Porto guardés e admitirá inscricións ata mañá no correo electrónico [email protected]. A participación está aberta a corredores e corredoras de todas a idades, e a distancia do percorrido (de 100 a 1.500 metros) dependerá da categoría á que se pertenza.
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL