Fusión gastronómica para celebrar Europa. Co gallo de conmemorar a paz e a unidade do continente europeo, cada 9 de maio os países membros da Unión lembran a Declaración de Robert Schuman, berce da actual comunidade política dos 28. Con esta efeméride en mente, a Deputación de Pontevedra volve levar aos mercados da provincia a innovación e vangarda gastronómica da man do alumnado dos centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra .
“Degusta Europa”, que serviu máis de 20.000 tapas nos anos 2016 e 2017, chega nesta quenda aos mercados de Cangas, o 4 de maio de 12:00 a 13:00 horas e ao do Progreso de Vigo, o 8 de maio de 11:00 a 12:00 horas. Ademais, “Degusta Europa” tamén visitará Lalín, Marín e Vilagarcía. Os obxectivos desta actividade son poñer en valor os produtos locais, recuperar a imaxe dos nosos mercados tradicionais e coñecer a labor que realizan desde estes dous potentísimos centros.
O fío condutor de “Degusta Europa” 2018 será a campaña “Somos Historias”, un nexo común cos 20 países da Unión Europea cos que a Deputación de Pontevedra ten relación a través de proxectos europeos. Os asistentes poderán degustara elaboracións típicas de Inglaterra, Francia, Holanda, Dinamarca, Noruega ou Francia.
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL