O proxecto “Bueno Carallo Bueno” feito pintura. O mércores 19 de xullo, ás 20:00 horas, o local de Évame Oroza (subida á Costa 5, Casco Vello Alto
de Vigo) acolle a inauguración da mostra de pintura de José Freixanes e tamén se presentará o libro «Bueno Carallo Bueno», froito da colaboración entre o poeta Alberto Avendaño e Freixanes, publicado por Editorial Elvira.
«Bueno Carallo Bueno» expresa o “encontro apocalíptico entre a lírica de Alberto Avendaño e a pintura de José Freixanes”, explican dende a asociación. O libro ofrece unha experiencia estética para o lector e para quen observa e as intervencións e traducións en xaponés funcionan como un elemento máis da comunicación plástica.
A dobre versión, tanto en galego como en castelán, “brinda ao lector a opción de ampliar a experiencia estética e textual”, destacan dende a organización. As obras que compoñen este libro proveñen das series de cadros do pintor galego Miradas, Mudras, Anacos e Labirinto 1 e 2, as cales estarán representadas nesta mostra en Vigo, que rematará na primeira semana de setembro.
Versos e música de autorPor outra banda, o xoves 20 de xullo á mesa hora, ás 20:00 horas, a Asociación Évame-Oroza acolle unha xornada na que versos e música de autor se xuntan para pór de manifesto o poder emocionante da poesía. Baixo o título “Suceso e sombra”, que remite a un verso de Oroza, xuntaranse as poetas Susi de la Torre, Ania Gartner, Sabrina Portela, Montse Copa, Lola Villar, Francesca López D’a Silva e Lania Santana Pérez, que lerán versos propios en galego, portugués e castelán. A cantante, e tamén poeta Iria Medraño, porá a nota musical xunto cos cantautores Pablo Vila, Jorgelito e Pedro Román.
O acto, que estará presentado pola actriz Toñi Caseiro reivindica os múltiples espazos e formatos nos que pode habitar a poesía. Por iso a organización quere levar os versos á rúa, seguindo unha idea que era fundamental no pensamento de Oroza: as rúas e prazas, como lugares cheos de auténtica vida, son o hábitat natural da cultura, nomeadamente da poesía.
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL