O Bloque Nacionalista Galego pide ao Concello de Vigo que explique os motivos para as reiteradas suspensións de concertos que se veñen producindo nas últimas semanas por parte da Policía Local. A fronte nacionalista traslada a denuncia da plataforma Grupos en Loita, que alerta de que estas actuacións policiais non están xustificadas, polo que solicita á concellaría de Seguridade que aporte os informes e atestados para as suspensións.
“Demandamos que explique cales foron os incumprimentos normativos e as circunstancias que motivaron esa suspensión de concertos”, subliñou o concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que reclamou aclarar nese sentido se a Policía Local realizou as perceptivas medicións con sonómetro que poidan obxectivar as causas das suspensións, tal como denuncian os propios grupos musicais.
“O BNG non queremos pensar que detrás haxa ningún tipo de afán de represalia contra algúns grupos que criticaron a desertización cultural e o desmantelamento das políticas xuvenís na cidade, como o caso do peche e posterior reapertura ultraprecaria de Vigosónico”, valorou Igrexas.
O edil do BNG chamou por contra a “estimular e brindar o maior apoio público” aos grupos musicais da cidade. “As administracións públicas deben facilitar o desenvolvemento dese circuíto de concertos que segue facendo de Vigo unha verdadeira vangarda musical en toda Galiza e no conxunto do Estado”, apostou.
Desde a fronte nacionalista matizaron que estas actuacións musicais deben cumprir de forma estrita coa normativa de ruídos e respectar a convivencia veciñal. Porén, e segundo as denuncias das propias bandas afectadas, as suspensións realizadas nas últimas semanas non están motivadas por ningún destes supostos.
'A derradeira leición do mestre', pintada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en 1945, ha puesto rumbo a Galicia desde Buenos Aires
Vigo acoge la segunda edición de una fiesta gastronómica. La "Festa dos Callos de Cabral" vuelve con distintas opciones gastro y música
Vigo volverá a acoger la salida del clásico Rally das Donas. Una prueba automovilística en la que solo pueden participar mujeres
Un callejón del centro de Vigo se transforma para celebrar la verbena más popular. Habrá música, merienda y sorpresas
¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL