A Deputación continúa debullando a súa nova aposta cultural de reactiavión do sector tras o estoupido da pandemia da Covid-19. A administración provincial, que se lanzou a rescatar a actividade cultural cun intenso programa de concertos, visitas guiadas e actividades adaptadas ás esixencia do coronavirus, anuncia agora o programa “prendendo butacas”, co que levará o teatro a todas as comarcas de Pontevedra.
Entre outubro e decembro ofrecernase representacións en dez concellos da provincia. No Morrazo o escollido é Moaña coa obra “Todos ao balcón” de Viravolta Títeres, namentres que no Baixo Miño o teatro chegará a Oia con “Literarias”. Pola súa parte, a comarca de Vigo gozará de “O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro no concello de Mos.
A programación complétase en Vila de Cruces (comarca do Deza) coa función “Carapuchiña vermella” de Educa Teatro, mentres que A Estrada (Tabeirós-Terra de Montes) será escenario da proposta de Butaca Zero titulada “Camiños”. Doutra banda, A Feroz porá en escena “Afterparty” en Cuntis (Caldas); A Panadaría a obra “Elisa e Marcela” na Illa de Arousa (O Salnés); Tanxarina Títeres “A galiña azul” en Vilaboa (Pontevedra); Baobab Teatro levará “Mai Mai” a Mondariz (O Condado) e, por último, Coperactiva ofrecerá o espectáculo “Rosalía” na Cañiza (A Paradanta).
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, cualificou este venres de “brutal” a demanda de cultura por parte da sociedade, que vén de esgotar practicamente todas as prazas ofertadas nos distintas actividades. A Deputación, engadiu, “é sen dúbida a administración pública que máis actividade cultural está a achegar nesta provincia, levando proxectos a cada recuncho porque todas as persoas teñen dereito á cultura vivan onde vivan”.
Silva subliñou o feito de que esta actividade cultural está a achegarse a concellos “que se non fora por estas propostas non podería desfrutar da cultura”. Só durante o verán, están programadas 13 actuacións nas comarcas de Deza-Tabeirós; 12 no Salnés; 11 en Pontevedra; 14 en Vigo; 8 no Morrazo; 8 no Baixo Miño e 14 na comarca do Condado-A Paradanta. “Son ducias e ducias de actividades como nunca tivo acontecido nesta provincia”, manifestou.
Case todos os proxectos postos en marcha teñen todas as prazas esgotadas como o programa “Re-Acción nos Castelos”, con 14 actividades, e para os que tan só quedan unhas poucas prazas nos concertos do 31 de xullo e 11 de agosto; ou o de Música no Ar, co aforo esgotado nas actividades que tiñan obrigada reserva previa. Tamén apuntou o éxito das propostas de Musigal, con seis concertos xa celebrados este mes e outros 34 previstos ata decembro.
Este respaldo da cidadanía vese tamén nas actividades “de deporte sostible”. Xa están esgotadas as 200 prazas (tamén as da lista de agarda) da primeira das Depoandainas ofertada, que se celebrará o 9 de agosto polos Muíños da Fraga en Moaña. No que se refire ao proxecto “Bosques Terapéuticos”, están esgotadas as 450 prazas das 30 rutas programadas por cinco parques forestais. Tamén as listas de agarda.
El Concello presenta el programa oficial que contará con nueve rutas guiadas diferentes y que se pone en marcha desde este mismo sábado
Vuelve la fiesta perfecta para terminar el verano en Galicia con el estómago bien lleno. A Guarda repartirá hasta 680 kilos en su Festa da Zorza
Fillas de Cassandra y A Banda da Loba encabezan el cartel de la gala homenaje que habrá en Vigo por las madres de la Asociación Érguete
Hasta 9 horas de música, food trucks gourmet y zona chill out en un llamativo "brunch electrónico" de Vigo. Todo, con vistas a las Cíes
Pondo o foco na ditadura franquista e na Transición. O proxecto do investigador Luis Velasco foi seleccionado nunha convocatoria de axudas da USC
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL