Tres torreiros, moita música tradicional, postos gastronómicos e, boa troula. A Reconquista 2018 xa está aquí. Esta fin de semana, se o tempo o permite, Vigo retrocederá novamente a 1809 para dirixir o seu destino, desfacerse dos invasores e armarse de afouteza. A Asociación Casco Vello de Vigo ten xa todo listo para unha das grandes festas da cidade. "Unha auténtica romaría urbana", nas verbas do alcalde, Abel Caballero. Seremos quen de expulsar ao inimigo?
A festa arrancará o sábado, día 7, ás 10:00 horas coa apertura do mercado tradicional. Porén, a inauguración oficial será ás 18:15 horas no Torreiro do Casco Vello, situado no Berbés. A música, nesta primeira xornada estará dividida nos tres torreiros: o do Casco Vello no Berbés, o Torreiro Novo na Porta do Sol e o Torreiro Mahou na rúa Chao. As actuacións correrán a cargo de Escaravellos, Lagharteiras, Pandereteiras Bouba, Tamburainas Pandereteiras ou Laretas, entre outros.
Ademais, ao longo do día haberá tamén espectáculos de maxia, contacontos e charlas.
Xa o domingo, día grande, a cita central será ás 18:00 horas coa representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol. A música, nos torreiros, irá acompañada de Tropa Grileira, Os Viqueiras, Augas de Maio, Ghaiteir@s do Casco Vello e unha foliada de despedida. En total, ao longo das dúas xornadas, máis de 30 grupos tradicionais animarán o recinto da festa ao longo das dúas xornadas.
Pódeche interesar: Heroes da Reconquista: de Carolo aos sermóns de guerrilla do Abad de Valladares
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL