Ante a imposibilidade de poder celebrar a tradicional Festa dos Maios en Redondela, debido ás limitacións e precaucións derivadas do COVID19, a Concellaría de Cultura decidiu manter a conexión coa festa creando este ano unha Exposición ó aire libre na que as persoas podan experimentar unha viaxe fotográfica pola historia dos Maios en Redondela.
"Decidiuse ubicar a exposición no Paseo da Xunqueira para integrala nun entorno natural, rodeada de plantas e flores, que é a esencia desta festa. Por outra banda, pensamos que sacar a exposición á rúa era, ademáis de máis seguro sanitariamente, unha maneira de achegar a historia, a cultura e as nosas tradicións ás persoas viandantes que, pasando pola zona ainda que sexa por casualidade, acabarán desfrutando dun bo momento cultural. Cremos, ademáis, que é posible aproveitar a idea e continuar nun futuro con outras exposicións doutras temáticas." comenta Daniel Boulllosa Martínez, Concelleiro de Cultura.
Nesta exposición achegámonos a información sobre os maios: os tipos de maios que existen (traidicionais ou figurados con forma de cruceiro, de canastros ou outras figuracións), os materiais dos maios, o concurso,... e todo a través dunha sucesión de imaxes que recollen fotografías antigas que a veciñanza cedeu ó Arquivo municipal. Acompañando ó fiuncho está tamén a historia das Coplas, composicións de sátiras en versos que reflexan a crítica social e os acontecimentos do ano. Seguir a evolución das coplas, tal e coma apuntan D. Olimpio Giráldez e Dona Lola Míguez nas súas publicacións, é seguir a verdadeira historia do municipio.
Hai fotografías que datan dos primeiros concursos dos Maios (1956) e van percorrendo a historia desta festa, a historia da vila de Redondela, celebrando a chegada da primavera, ata o día de hoxe. A exposición no Paseo da Xunqueira manterase durante todo o mes de maio.
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL