O sábado 7 de xullo, ás 21:30 horas e no CEP Altamira, de Salceda de Caselas, a música volverá ser protagonista, un ano máis, co Certame de Bandas de Música, que con esta acada xa a súa vixésimo sétima edición e que é, no que á música de bandas populares fai referencia, é xa unha das citas de máis soa do sur de Pontevedra. Veciñanza e persoas visitantes terán ocasión de gozar da actuación da Banda Municipal de Agolada, da banda Unión Musical de Meaño e da Banda Cultural de Salceda de Caselas.
A iniciativa, organizada polo Concello de Salceda de Caselas e que conta coa colaboración da Asociación de Amigos da Música de Salceda e da Deputación de Pontevedra, ten este ano unha maior relevancia polo seu marcado carácter solidario. Durante o certame, realizarase unha colecta a beneficio da Asociación de Afectados e afectadas pola explosión de Paramos. Unha traxedia que non só tinguiu de loito o municipio de Tui, senón tamén ao de Salceda que mantén unha estreita relación co lugar do suceso. No mesmo acto, realizarase a entrega de todo o recadado a dita asociación.
Tanto a concelleira de Cultura, Teresa Pérez, como o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada e a Asociación de Amigos/as da Música expresaban a súa confianza absoluta na resposta da veciñanza xa que, sinalaron, “as veciñas e veciños de Salceda sempre souberon estar á altura das circunstancias á hora de axudar a aquelas persoas que máis o precisaban”.
Alcalde e concelleira quixeron ademáis agradecer a actitude solidaria da Banda Cultural de Salceda, que ten realizado actos en beneficio doutras causas benéficas e que “sempre está disposta a botar unha man cando é preciso”.
Medinukai Ensemble ofrece a última hora de este viernes un concierto gratuito en una de las joyas del románico de Tomiño
Vuelven unas de las rutas más espectaculares del área de Vigo. Los Molinos de Folón y de Picón volverán a acoger visitas guiadas gratis
A Guarda ya se prepara para celebrar una de sus grandes citas gastronómicas. La Festa do Peixe Espada regresa con una nueva edición
Tres grandes verbenas con tres de las mejores orquestas de España, fuegos artificiales, magia y espectáculos. Así es esta fiesta en Ourense
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL