• 'Thriller' en Vigo
  • ERTE Stellantis
  • Domusvi
  • Hamburguesería Vigo
  • Tráfico Navidad Vigo
  • Hinchables Marín
  • Black Friday
  • Audasa peajes
  • Bib Gourmand
  • Socavón acera
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

The Limboos e Mr. Kilombo, entre os concertos do Festival de Cans de O Porriño

The Limboos e Mr. Kilombo, entre os concertos do Festival de Cans de O Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/04/2023

O Festival de Cans deu a coñecer este xoves un avance da programación musical coa que celebrará a XX edición do certame, que terá lugar do 16 ao 20 de maio nesta aldea de O Porriño. Todos os días do festival pecharanse cunha actuación musical, destacando as que terán lugar o venres, 19 e o sábado 20 de maio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, que volverá ser o gran epicentro musical de Cans. O evento prepara unha gran celebración, e programará un total de 25 actuacións musicais ao longo dos cinco días que durará o certame e onde os concertos tamén regresarán ao emblemático Torreiro das Estrelas.

O sábado, 20 de maio será o día grande do festival e contará coas actuacións de noite (Espazo Estrella Galicia) da banda Mr, Kilombo, o proxecto de música de raíz festiva encabezado polo madrileño Miki Ramirez, e do espectacular dúo de DJs Serial Killerz que xa pasaron por festivais de prestixio como o FIB, Sonorama ou Viña Rock. Na tarde do sábado, no mesmo Espazo Estrella Galicia, actuarán The Limboos, banda de orixe galega afincada en Madrid, cunha traxectoria de dez anos marcada por un rythm&blues elegante e un directo espectacular que fará bailar a todo o público.

Másnoticias

Vigo cierra el verano con un festival de música gratuito, estas son las actuaciones y horarios

Alaska, Leiva o Dani Fernández para homenajear la música en Nigrán con un mercado y comida

19/11/2025
Un joven DJ de Vigo triunfa en Galicia con su propuesta de ritmos

Un joven DJ de Vigo triunfa en Galicia con su propuesta de ritmos

09/11/2025

Para conmemorar esta XX edición, o Festival de Cans volverá programar actuacións noutro dos espazos históricos da aldea, como é o Torreiro das Estrelas. A este espazo regresarán na tarde-noite do sábado 20 de maio unha das formacións máis aclamadas nos vinte anos de historia de Cans, Tony Lomba e Elio dos Santos, que ofrecerán un concerto moi especial polo XX aniversario, ademais dunha sesión vermú coa fermosa música de Mallou, recentes gañadores do Premio Narf da Deputación da Coruña. Na fin de semana, as noites pecharanse coa música de Eme Dj e de Rapariga Dj.

Estas actuacións non serán as únicas a celebrar no Torreiro e no Espazo Estrella Galicia, xa que nos vindeiros días anunciaranse outras das bandas máis relevantes que pasarán polo festival, así como unha programación especial que terá lugar o 17 de maio, festividade das Letras Galegas.

Noite Lasal dos videoclips 

O martes, 16 de maio, anterior ao festivo das Letras Galegas, terá lugar na Praza do Concello do Porriño a Noite Lasal dos videoclips, que contará coa actuación da galega Zeltia Irevire, unha das artistas galegas novas con máis proxección. O xoves, 18 de maio terá lugar a actuación da novísima artista compostelá Paloma, co seu pop experimental con influencias do jazz, o blues e o folk americano, que está gravando o seu primeiro disco. Esta actuación incorpora un espazo novidoso como é a terraza exterior do Círculo Recreativo Cultural e terá lugar o xoves 18 trala proxección de “Honeymoon”,de Enrique Otero, filme que abrirá o festival.

Todas as actuacións serán de balde, excepto as que terán lugar na tarde do sábado, 20 de maio no Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso. Polo singular espazo que combina unha parte audiovisual no Jalpón con concertos no invernadoiro, pasarán o chileno Nano Stern, un ídolo no seu país, que forma parte da terceira xeración de cantautores chilenos, e a poeta, acordeonista e performer Rosalía Fernández Rial.

Stern presentará tamén un avance do documental que está a realizar dos novos artistas da canción chilena, e Rosalía Fernández Rial combinará música e poesía, partindo das pezas audiovisuais inspiradas nos seus poemas, parte de cuxa obra se estreará no Festival de Cans.

O invernadoiro é un espazo dos máis demandados polo público, pero limitado a un aforo de só 75 persoas por actuación. As entradas para este espazo están desde hoxe á venda a un prezo de 5 euros na tenda do Festival de Cans, do mesmo xeito que as entradas individuais para asistir ás sesións de curtametraxes da competición de “Furacáns” e “Ficción e animación”.

Temas: conciertos en el área de Vigoconciertos en O PorriñoFestival de Cans 2023músicamúsica en directo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

"Gracias por el apoyo y el cariño", las palabras del dueño del restaurante de Vigo que expulsó a israelíes
Qué hacer

El hostelero que echó a turistas israelíes de su local organiza una "gran fiesta" en Vigo: "Hay justicia"

Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"

PorMiguel Alonso
26/11/2025
La diversión se desata en Marín con un espectacular parque hinchable de 800 metros cuadrados
Pequeocio

La diversión se desata en Marín con un espectacular parque hinchable de 800 metros cuadrados

Este parque hinchable desembarca este fin de semana en Marín donde abrirá con estos horarios tanto el sábado como el domingo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025
Récord absoluto de la Érguete e Corre en Vigo, con 900 almas corriendo por una buena causa
Qué hacer

La plaza de Vialia Vigo se convierte en circuito runner para homenajear a las madres contra la droga

La plaza Vialia Vigo acoge una fiesta del running con Érguete e Corre, la prueba solidaria que rendirá tributo a "las madres contra la droga"

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025
Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años
Qué hacer

Sesión de cine gratis en pleno centro de Vigo con la historia de 14 mujeres de Portugal

Continúa el ciclo de cine "Activistas: cinema por mulleres" en Vigo. La próxima sesión abordará la realidad de Portugal

PorMetropolitano
26/11/2025
A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

28novTodo el díaEncendido de Navidad O Porriño

29novTodo el díaEncendido de Navidad Redondela

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X