• 'Thriller' en Vigo
  • ERTE Stellantis
  • Domusvi
  • Hamburguesería Vigo
  • Tráfico Navidad Vigo
  • Hinchables Marín
  • Black Friday
  • Audasa peajes
  • Bib Gourmand
  • Socavón acera
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Fiestas

Tomiño prepárase para o seu ‘Venres de Foliada’

Tomiño prepárase para o seu ‘Venres de Foliada’
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/01/2018

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases para participar no seu tradicional desfile de comparsas do entroido, o ‘Venres de Foliada’, que este ano se celebrará o vindeiro 9 de febreiro ás 21.30 horas. En caso de choiva o desfile trasladarase ao venres 16 de febreiro á mesma hora e, no caso de que ese día persistira o mal tempo, a Concellería de Cultura determinará se se apraza ou se cancela.

A maiores do ‘Venres de Foliada’, ese fin de semana Goián tamén terá a súa propia celebración do entroido dende o sábado 10 ata o martes 13 de febreiro. Durante catro días veciños, veciñas e visitantes poderán gozar de actividades como o Desfile dos Nenos, a Carreira de Carretillas ou o seu tradicional desfile de carrozas, todo amenizado por unha ampla variedade musical para encher de color, alegría e diversión estas datas.

Másnoticias

Tomiño presenta su millonario proyecto para revolucionar el corazón de una de sus parroquias

Tomiño presenta su millonario proyecto para revolucionar el corazón de una de sus parroquias

24/11/2025
Chocolatada y camisetas gratis en la segunda edición de la Carrera San Silvestre de Tomiño

Chocolatada y camisetas gratis en la segunda edición de la Carrera San Silvestre de Tomiño

24/11/2025

Inscrición

O prazo de inscrición das comparsas será do 22 ao 26 de febreiro, ambos os dous inclusive. Os interesados deberán entregar o impreso de solicitude no Rexistro Municipal xunto cun certificado de titularidade de conta do representante ou da comparsa e co seguro de responsabilidade civil. “Cada vez hai máis xente interesada en participar nunha actividade de lecer pero que serve tamén para dinamizar a economía e a hostelería local, con máis dun millar de persoas que veñen dende moitos puntos da provincia para disfrutar do noso desfile”, explica a concelleira de Cultura, Ana Cristina Martínez.

Co seu ‘Venres de Foliada’, Tomiño arranca o entroido na comarca, xa que é o primeiro dos desfiles de comparsas que se celebran durante esas datas no Baixo Miño. O ano pasado participaron 20 comparsas, a metade delas con máis de 80 integrantes, e dúas treboadas que ían abrindo o desfile. En total, máis de 1.300 persoas percorreron as rúas do casco urbano, tinguindo de luz e cor a localidade. O ano pasado participaron comparsas de Vigo, Vincios, Mos, Salceda de Caselas, Nigrán e Marín, ademáis das máis importantes de Tomiño, como Ciclón, Luces de Bohemia, Estrelas da Noite, Revolucion Show e Alecrin, comparsas que coas súas carrozas e espectáculos gañan concursos por toda a provincia.

Dende o goberno municipal queren agradecer aos voluntarios de Protección Civil, á Policía Local e aos traballadores do concello a gran labor que desenvolven durante toda esa xornada para garantir a seguridade do desfile e que o público poida desfrutar do evento sen contratempos.

Requisitos

O desfile estará composto por un máximo de 20 comparsas, cada unha delas formada por un mínimo de 15 compoñentes. A participación está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, colexios... que presenten comparsa ou grupo, con preferencia ás que pertencen ao concello tomiñés.

Non se admitirán comparsas con cabalos e as carrozas deberán ter un máximo de 8 metros de longo por 4,5 de alto e 3,5 de ancho. En caso de presentarse máis de 20 comparsas unha Comisión Técnica de Avaliación puntuará as comparsas atendendo a criterios como o número de compoñentes ou a descrición da comparsa, atendendo a súa temática, orixinalidade, posta en escena, iluminación e son, valores culturais e sociais...

O número de orde das comparsas no desfile será por rigoroso orde de chegada ao lugar de saída, na rúa situada ao lado do Colexio Pedro Caselles. As bases e solicitude para participar no Venres de Foliada 2018 poden atoparse aquí.

Temas: Carnaval 2018EntroidoEntroido 2018O Baixo MiñoTomiño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

"Gracias por el apoyo y el cariño", las palabras del dueño del restaurante de Vigo que expulsó a israelíes
Qué hacer

El hostelero que echó a turistas israelíes de su local organiza una "gran fiesta" en Vigo: "Hay justicia"

Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"

PorMiguel Alonso
26/11/2025
La diversión se desata en Marín con un espectacular parque hinchable de 800 metros cuadrados
Pequeocio

La diversión se desata en Marín con un espectacular parque hinchable de 800 metros cuadrados

Este parque hinchable desembarca este fin de semana en Marín donde abrirá con estos horarios tanto el sábado como el domingo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025
Récord absoluto de la Érguete e Corre en Vigo, con 900 almas corriendo por una buena causa
Qué hacer

La plaza de Vialia Vigo se convierte en circuito runner para homenajear a las madres contra la droga

La plaza Vialia Vigo acoge una fiesta del running con Érguete e Corre, la prueba solidaria que rendirá tributo a "las madres contra la droga"

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025
Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años
Qué hacer

Sesión de cine gratis en pleno centro de Vigo con la historia de 14 mujeres de Portugal

Continúa el ciclo de cine "Activistas: cinema por mulleres" en Vigo. La próxima sesión abordará la realidad de Portugal

PorMetropolitano
26/11/2025
A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

28novTodo el díaEncendido de Navidad O Porriño

29novTodo el díaEncendido de Navidad Redondela

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X