Este venres, 12 de novembro, o Teatro Municipal de Tui acollerá ás 19:30 o espectáculo de danza contemporánea "Nina Ninette" que forma parte da programación de Outono. Do espectáculo encargase a compañía Traspediante e contará coas bailarinas Marta Alonso Tejada e Paula Quintas e coa actriz Carlota Mosquera.
Este espectáculo estreouse o 7 de marzo de 2021 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. María Torres é quen dirixe esta representación inspirada na estética do Ballet Triádico de Oskar Schelemmer, cando se cumple 100 anos da súa estrea. A escenografía, que simula un fantástico labirinto, foi deseñada por Gonçalo Guerreiro e a música corresponde Alex Salgueiro.
O espectáculo de danza conta a historia de Nina, unha protagonista valente e alegre a parte iguales, que atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Pero Nina estraña o seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi fácil entrar pero moi complicado saír. Será que ela o consegue?
As entradas están dispoñibles na páxina web do Concello de Tui até dez minutos antes do inicio da función por 4 e 3 euros.
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Piratas de Nabia reanuda este "crucero gastronómico", la "Ruta del Pulpo" con salidas desde Vigo, Pontevedra y Bueu
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL