Música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas compoñen o “Tui con Orgullo”. Trátase dun programa co que a Concellería de Igualdade, do Concello de Tui, pretende celebrar a diversidade e loitar contra a LGBTIfobia, con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ.
As actividades comezarán mañá xoves, 17 de xuño, co encontro lector da escritora Eva Mejuto, galardoada co Premio Clubs de lectura 2021, co alumnado de ESO e Bacharelato dos Institutos IES San Paio e o IES Indalecio Pérez Tizón. O encontro xirará entorno á obra “22 segundos”, a primeira novela xuvenil galega que trata a temática trans. Participará tamén no acto o activista trans Marcos Ceive.
O programa recolle tamén dúas conferencias que se celebrarán na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, o xoves 24 e o luns 28 de xuño, ás 20 h, con entrada libre ata completar capacidade. “A diversidade existe” será o título da charla prevista para o xoves 24 de xuño a cargo de Soledad Fernández Costas, en representación de Chrysallis Asociación Estatal de Familias de Menores Trans. Mentres o luns 28 a Asociación Trans Miño falará sobre a “Como naceu o movemento LGTBIQ+ en España”.
Para o público infantil haberá unha sesión de contos moi especial, a cargo de Sandra Prado Ansín, co título “Contos de todas as cores”. Será o propio luns, 28 de xuño, ás 18.30 h, na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Vai dirixida a público de 3 a 9 anos. A entrada é libre até completar a capacidade. Nesta actividade a través de contos e xogos veremos que hai moitos tipos de familias, de formas de ser e de querer, e que todas son válidas se hai amor e respecto.
A parte máis lúdica deste programa conta coa colaboración da Concellería de Cultura. Será o domingo, 27 de xuño, ás 13:00 horas no Palco da Música no Paseo da Corredoira da man de Lucía Aldao e María Lado, cun espectáculo poético musical chamado “O BEN QUERER(SE)”, en sesión vermú.
Con “Tui con orgullo” a Concellería de Igualdade inaugurou no Concello de Tui unha nova liña de traballo cara á visibilización e dignificación da diversidade de sexo en xénero, de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, libre de discursos de odio e respectuosa coas distintas formas de ser e de querer.
Vuelve una de las fiestas gastronómicas más especiales y todavía menos conocidas de Vigo. Un protagonista otoñal y muchas recetas diferentes
Vigo ya puede visitar uno de los barcos más importantes de la humanidad. La asombrosa Nao Santa María ya está en la ciudad
Los estudiantes de cocina en Vigo elaborarán un menú con los sabores del otoño. Así serán estas Xornadas Gastronómicas de Caza
Vuelve el tradicional Rastrillo Solidario contra el cáncer en Vigo. Con precios desde 1 euro, es la opción ideal para encontrar tesoros y colaborar
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL