O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres, ás 19:30 hooras, o concerto do Grupo Milladoiro na súa xira 40 aniversario. Coas entradas esgotadas dende comezos de seamana e o aforo extremadamente reducido a un máximo de 30 persoas debido as actuais medidas restritivas vixentes no municipio, o Concello vén de apostar por retransmitir en directo a cita.
O concerto poderase ver dende a páxina web municipal Tui.gal e comezará ás 19:30 horas. Nel, Milladoiro repasará os temas que marcaron estas catro décadas de música presentando tamén o seu último disco “Atlántico”. Dende os seus primeiros traballos discográficos, este grupo fixo unha reiterada referencia ao Camiño de Santiago como vehículo de transmisión cultural, de ida e volta, que influiría de xeito determinante na formación cultural de Galicia e en particular no que a música se refire. Referencia que queda patente nos títulos de moitos dos discos e temas, así como dos comentarios que os acompañan.
En todos os seus concertos, ao longo e ancho do mundo, foi unha constante a referencia á cultura galega da que nunca pode estar ausente o fenómeno xacobeo. Concertos en lugares tan importantes coma o Teatro Nacional de Cuba, o auditorio Blackman de Los Ángeles ou nunha longa lista de cidades europeas como Munich, Amsterdam, Niza ou Copenhage. Mañá venres poderemos gozar con Milladoiro no Teatro Municipal de Tui.
"O Concello aposta por manter a actividade cultural nestes difíciles momentos e neste caso concreto coa posibilidade de poder gozar cun dos grupos musicais máis importantes de Galicia", explican dende o Goberno municipal.
Os compoñentes actuais de Milladoiro son Xosé V. Ferreiros, Nando Casal e Moncho García, que permanecen no grupo dende os seus inicios, e Harry.c, Manú Conce e Manuel Riveiro, que se incorporaron nos últimos anos.
Redondela retrocede, un año más, a 1702 para recordar y conmemorar la histórica Batalla de Rande contra la flota anglo-holandesa
Así será el Mercado Cerámico, una propuesta singular donde los artesanos convivirán con los placeros habituales del Mercado de Teis
El Templo Votivo do Mar acaba de ser restaurado y esta es la mejor ocasión para profundizar en su belleza. Un viaje artístico por Nigrán
Llega a Vigo uno de los eventos de Samaín más madrugadores, así será la Fiesta de Halloween "A Bailar Esqueleto" en pleno centro
O obxectivo é fomentar a presenza de mulleres nas titulacións do eido científico e tecnolóxico. A convocatoria, aberta ata este mércores
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL