Baiona quere conmemorar o Día das Letras Galegas cunha interesante "ruta das palabras esquecidas". Un percorrido guiado para o que este venres 15 de maio finalizará o prazo de inscrición, polo que a concellería de Turismo anima a todo o mundo a aproveitalo.
O vindeiro domingo 17 de maio, a partir das 11:00 horas, terá lugar esta especial ruta guiada na que en cada parada se dará explicación sobre o valor patrimonial de cada espazo, tanto material coma inmaterial, e cada espazo vincularase a unha "palabra esquecida", é dicir, unha palabra galega que, por referirse a realidades que van desaparecendo na vida actual, van diminuíndo o seu uso ou desaparecendo do noso vocabulario, tanto porque se refiran a realidades que se van perdendo (obxectos, oficios, costumes e tradicións) ou por outras causas.
Tamén se aproveitará para enxalzar a riqueza da Lingua Galega facendo alusión a diferentes xiros e variantes léxicas locais, pois Baiona conta cun amplísimo vocabulario local. Trátase de combinar, ao longo do percorrido, os valores tanxibles e intanxibles do patrimonio local a través doutro elemento patrimonial que é a lingua e que precisamente festexamos ese día.
Dende a concellería ofrécese esta visita atractiva tanto para quen vén de fóra de Baiona coma para o público local, pois trátase de descubrir o patrimonio material e inmaterial da vila dende unha perspectiva diferente á habitual. O departamento municipal convida a participar e enriquecer a experiencia das persoas participantes facendo que estas realicen as súas propias memorias e achegas vitais tanto no uso de espazos coma do vocabulario local.
O percorrido partirá dende a Oficina de Turismo e estará guiado por unha guía oficial de Galicia. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse no correo electrónico: [email protected] (enviando nome completo de cada unha das persoas, procedencia, un teléfono de contacto e, no caso de que haxa menores de idade, a idade de cada un deles). O prazo de inscrición remata o venres, 15 de maio, ás 14:30 horas.
Esta iniciativa, impulsada pola concellería de Turismo, forma parte do calendario anual de rutas, visitas temáticas e visitas-obradoiro (infantís) que buscan poñer en valor o patrimonio local. Así, durante este mes de maio, o sábado 30 de maio, haberá un percorrido guiado polo paseo Monte Boi. Ás 11:00 horas dende a oficina de turismo de Baiona. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse no correo electrónico: [email protected] (enviando nome completo de cada unha das persoas, procedencia, un teléfono de contacto e, no caso de que haxa menores de idade, a idade de cada un deles). O prazo de inscrición remata o venres, 29 de maio, ás 14:30 horas.
Dende agora en diante, a concellería de Turismo de Baiona informará cada mes das datas das distintas visitas organizadas polo departamento municipal. As visitas serán de diferentes tipos: haberá visitas polo Casco Histórico, paseo Monte Boi, Virxe da Rocha, Santa Marta, senda dos muíños de Baredo, Camiño de Santiago e pola Baiona Mariñeira, ademais doutras visitas-obradoiro, orientadas ao público infantil e familiar, sobre diferente temática.
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Piratas de Nabia reanuda este "crucero gastronómico", la "Ruta del Pulpo" con salidas desde Vigo, Pontevedra y Bueu
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL