Afundacion organiza dúas visitas guiadas á exposición "A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo" con motivo da celebración do Día do Libro. Serán este mércores 18 de abril e o vindeiro luns 23 de abril, en ambos os dous casos a partir das 19:00 horas. A mostra poderase visitar ata o vindeiro 28 de abril na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo, de luns a sábado en horario de 17:30 a 20:30 horas.
A través desta exposición, o diálogo artístico entre Baldo Ramos e Pepe Cáccamo desenvolve unha nova modalidade comunicativa no proceso de interacción entre a poesía discursiva e a poesía obxectual. O libro, a plataforma clásica da palabra, é agora o soporte físico das intervencións, tensións e conversacións entre ambos os dous artistas, creando deste xeito libros-obxecto de gran valor literario e estético. Son guías, atlas ou novelas abertas a dobre páxina, con materiais que ás veces podemos relacionar co texto, ou que se nos presentan azarosamente. En ambos casos se combinan con todas as integracións, aditamentos e complementos para poderen lograr o status de libro-obxecto, de peza artística.
"A dobre páxina" pódese entender como o terceiro proxecto despois de "Cara inversa", no 2014, e "Libros conversos", no 2016, no que os artistas comezaron a desenvolver esta conversación artística. Na mostra intensifícase a proximidade entre as poéticas discursivas e visuais de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. O libro de vello é a materia sobre a que traballan, intervindo cada un sobre unha das súas páxinas centrais abertas e enfrontadas, en equilibrio ou contraste de estilos, cun intercambio das linguaxes propias de cada autor. O obxectivo é, ademais de fortalecer os vínculos expresivos que levan construíndo desde hai anos co seu diálogo creativo, a solución dun reto: construír pezas artísticas unitarias nas que se fundan, sen confundirse, e complementen as propostas individuais de cada autor.
Ahora sí, la gran noria de la Navidad de Vigo ha comenzado a dar vueltas. Estas son las tarifas y horarios de este año
Dani Fernández confirma su idilio con Galicia y anuncia concierto el próximo verano en Pontevedra: este jueves, entradas a la venta
Un recinto de 850 metros repleto de ilusiones ópticas y un "universo coreano". Ya hay fecha y novedades de la Navidad del Náutico de Vigo
El aclamado espectáculo de Juan Dávila regresa en 2026 con una nueva función para la que salen a la venta las entradas este jueves
En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL