La Policía rescata un águila que estaba herida en una finca en Vigo
El ave no podía volar al presentar una amputación en una de sus patas. El suceso ocurrió en la tarde del pasado día 16 en la calle Piruxa
Nos tempos máis complicados nunca se pode perder o sentido do humor. En Salceda de Caselas apostan estes días pola nostalxia e a retranca galega para facer fronte ás medidas máis restritivas que buscan reducir o impacto da pandemia do coronavirus. Nun tempo no que numerosas asociacións, colectivos e asinantes individuais están a pedir o regreso do Xabarín Club cunha canle exclusiva, Salceda retoma unha das sintonías máis míticas do programa para lembrarnos as nosas obrigas diarias.
Cada noite, cando faltan dez minutos para as 23:00 horas, o sistema de megafonía de Nadal lémbranos que se achega o toque de queda e que debemos volver as nosas casas. Faino, non cunha mensaxe apocalíptica ou cunha voz robótica, senón que o Goberno municipal decidiu homenaxear ao programa infantil que marcou a toda unha xeración e facer soar o tema “vai sendo hora de ir para casa”. “Quixemos lembrarnos dos máis cativos e relacionalo co toque de recoller ás once da noite. Así que nos lembra a todos que é o momento de ir para casa ao ritmo do histórico peche do Xabarín”, explica o concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez.
Dende a principal praza do municipio soan os acordes que nos fan lembrar ese momento no que despois do bocadillo de nocilla e as aventuras dos nosos debuxos preferidos chegaba tamén o intre de apagala tele. O tema foi composto no 1994 por Julián Hernández, Mariano Lozano e Manuel M. Romón. A Xababanda, ao igual que nos, debía marchar para casa, aínda que eles o facían cun “carolo en mate” e un “dous en historia”. Esperemos, iso si, lograr agora mellores notas.
El ave no podía volar al presentar una amputación en una de sus patas. El suceso ocurrió en la tarde del pasado día 16 en la calle Piruxa
El epílogo de esta historia también tuvo el épico final de otro clásico del cine: "Carros de fuego"
Muti fue rescatada hace dos meses en Caldas con una grave fractura y con heridas repartidas por todo el cuerpo
En el caso de aceptar la descarga, instalará un software de acceso remoto que puede otorgar a los atacantes un virtual control total sobre el dispositivo afectado
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal