“Vigo, o novo Lepe?” Esta é a pregunta que nos últimos días vemos espallada en carteis que cobren diferentes partes da cidade. No pé dese enigmático interrogante, un nome: CAÍN. Son as siglas do Colectivo de Admiradores da Iluminación do Nadal. Unha mensaxe irónica. Pura retranca.
"Xorde da man de persoas vencelladas ao mundo da cultura que decidimos poñer en común o desfeito absoluto e intencionado da administración municipal sobre todo o que xira en torno á cultura". Así o explica un dos membros de CAÍN, unha entidade que prefire actuar de forma colectiva evitando individualidades. Queren que a súa denuncia sexa a súa mensaxe, ao máis puro estilo Banksy.
Precisamente, para este novo movemento "o alumeado de Nadal é o buque insignia de todo un despropósito", argumentan dende CAÍN ao entender que "cos cartos do alumeado pódense facer moitas outras cousas non só a nivel cultural, senón tamén a nivel social". Esta acción non é un ataque frontal a festa do Nadal. O obxectivo, aseguran, é resaltar que "os poderes públicos teñen que ser moi responsables e non ofrecer unicamente circo".
Con esta idea, CAÍN, xunto a outros catro colectivos citou o pasado venres á cidadanía nun acto público de debate no IES Politécnico. Co evento, buscábase artellar unha acción colectiva coa que propoñer outra forma de xestionar a cultura. A cita foi "un éxito histórico", destacan. "Dende os oitenta non houbo unha reunión de tanto calado a nivel de protesta social en torno á cultura". Porén, o encontro non buscaba só a denuncia, senón que tamén se quería propoñer e demostrar que "non son soamente catro iluminados elitistas que protestan".
Agora o movemento avanza para "espallarse traballando con outros colectivos e levar adiante diferentes proxectos que axudarán a difundir a realidade social e cultural da cidade, así como propoñer fórmulas máis participativas e xustas".
É Vigo o novo Lepe? CAÍN pon sobre a mesa un debate co que busca "non deixar indiferente a ninguén e remover conciencias para que a xente reflexione sobre que cidade quere".
La Xunta licita la obra de construcción de este singular edificio en Vigo que se destinará a 80 alojamientos compartidos para jóvenes
Un puente internacional (y peatonal) entre Galicia y Portugal, la Diputación de Pontevedra capta fondos europeos para realizar esta gran obra
Aparcar gratis en Nigrán es posible, el Concello estrena un nuevo parking público con más de 100 plazas de estacionamiento
El alcalde de Vilanova interpuso una denuncia en dependencias policiales. Por el momento, se desconocen más detalles de lo sucedido
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL