A organización estudantil ANEGA vén de poñer en marcha unha campaña en Vigo para denunciar os elevados prezos do aluguer na cidade. Con accións en diferentes puntos da cidade, a organización esixe una regulación inmediata para lograr prezos asumibles.
A campaña, que conta con réplica noutras cidades de Galicia como Coruña, Compostela ou Ourense, iniciou este martes a primeira fase de visibilización, cunha pegada de carteis en diferentes puntos da cidade. Após disto, a segunda fase estará encamiñada a formular as reivindicacións urxentes que precisan as cidades galegas para solucionar os problemas dos alugueiros con novas accións reivindicativas.
ANEGA denuncia que Vigo sofre “o alugueiro máis caro de Galicia, a 738 euros mensuais de media, mentres hai máis de 18.000 pisos baleiros”. Unha problemática padecen con “especial dureza os estudantes e a mocidade en xeral, pois un 81% destes últimos non se pode independizar das súas familias”.
Ao longo do día 3 de marzo, pegáronse pola cidade pancartas para visibilizar esta problemática que ameaza con medrar cada vez máis, da man de fenómenos coma a proliferación dos pisos turísticos. “Alugueiros asequibles xa!” ou “Regulación xa!” foron algún dos lemas empregados, que destacaban a gran subida dos prezos dende setembro 2017 (657€ daquelas, unha diferencia de case cen euros ao mes) e outros datos alarmantes na “cidade das luces”.
Pode ser do teu interese: El 20% de los propietarios de Airbnb en Vigo alquilan dos o más alojamientos [MAPA]
O portavoz de Queremos Galego esixiu á Xunta o seu cumprimento porque o galego está, dixo, nunha situación "de emerxencia"
Lamentan las "talas sistemáticas y masivas" del Concello, que sustituye árboles de gran porte por otros "de menor tamaño y menos sombra"
Creen que la negativa de acceso a un informe puede suponer un delito de prevaricación y por eso han pedido a la Fiscalía que abra diligencias
Denuncian que el fondo buitre al que se vendió "nunca tuvo un plan industrial, ni invirtieron nada para tenerlo"
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL