O Concello de Nigrán convoca o seu 'I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras' co obxectivo de concienciar ao veciño e ao visitante da flora que ameaza o ecosistema dunar de Praia América-Panxón e difundir entre a poboación o seu coñecemento co fin de preservar a biodiversidade local.
Os interesados en participar poden enviar ata o 2 de setembro ao Facebook do Concello de Nigrán (mediante mensaxe privado e onde conste o nome e apelidos do autor) unha única fotografía dalgunha destas especies que se atope nunha zona próxima ás dunas. Un xurado integrado por persoas do Concello de Nigrán e especialistas na temática do concurso valorarán a calidade técnica e artística da imaxe, a capacidade para comunicar visualmente a existencia desa invasora e a orixinalidade e creatividade da mesma. As imaxes recibidas serán colgadas no perfil público do Concello de Nigrán. O primeiro premio consiste nun curso de surf semanal para dúas persoas e o segundo nunha travesía de Paddle Surf tamén para dúas persoas e, en ámbolos casos, será ofrecido por Prado Surf. O terceiro clasificado recibirá un trofeo conmemorativo.
As bases están a disposición dos interesados no Facebook do Concello de Nigrán e nas propias dependencias municipais. Nas mesmas recóllense só algúns exemplos de especies invasoras que ameazan as dunas: herba da pampa, cana, margarita africana, uña de gato ou yucca.
O Concello de Nigrán forma parte da Red de Gobiernos Locales por la Biodiversidad da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e, consecuentemente, encadra esta iniciativa de caracter educativo e divulgador na súa firme aposta pola conservación e protección do ecosistema dunar de Praia América-Panxón .
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
O novo servizo da Universidade de Vigo ofrece á comunidade universitaria asesoramento para exercer calquera dereito básico
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL