Ponteareas ofrece un curso gratuíto para os futuros debuxantes de humor gráfico

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas vén de abrir a convocatoria para un novo e orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego. O curso, que estará impartido polo debuxante e deseñador Pablo Prado “Fuco”, é totalmente de balde.

As clases impartiranse do xoves 31 de xaneiro ao venres día 1 de febreiro en horario de 18 a 20 horas na biblioteca municipal de Ponteareas.

Aínda que de balde, ten un máximo de vinte prazas, polo que todos aqueles interesados e interesadas que teñan máis de 11 anos e queiran anotarse deberán facelo na propia biblioteca, no teléfono 986 66 07 65 ou no correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*