“Ladran Sancho, señal de que cabalgamos”. A célebre frase de El Quijote foi a resposta que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, deu á información na que se asegura que “unha demanda pon en risco a Cidade Deportiva do Celta en Mos”. A rexedora mosense desminte con rotundidade esta afirmación “porque a clasificación do solo no que se ubicará a Cidade Deportiva é a mesma con Plan Xeral ou sen el”.
Arévalo explicou esta mañá que “a Cidade Deportiva do Celta en Mos nunca estaría en perigo” xa que a demanda obxecto de polémica é un recurso particular á orde de aprobación definitiva da Xunta de Galicia dun empresario do Polígono do Rebullón que co novo Plan Xeral de Mos queda fóra do termo municipal mosense e pasa a pertencer a Vigo e ao que lle interesaría pertencer a Mos porque polas normas de Vigo os terreos das súas naves atópanse en solo rústico.
A alcaldesa insiste en que os límites aprobados polo Concello de Mos no PXOM son os marcados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN). Nidia Arévalo declarou a este respecto que “nós nos mativemos nos límites marcados polo IGN a pesar de que nos perxudicaba, perdendo superficie de terreos en beneficio do Concello de Vigo. Resulta polo tanto dobremente agraviado o Concello de Mos, por un lado porque perde territorio e por outro pola mencionada demanda”.
A propia Xunta de Galicia xa lle contestou ao particular demandante defendendo, literalmente, “a legalidade do PXOM de Mos” e aportándolle precedentes xurídicos de que non existen motivos para a nulidade do Plan, ademais de que a modificación que alega e esixe “non é unha modificación substancial”.
Os terreos afectados do particular denunciante que pasan a estar en territorio de Vigo co novo PXOM mosense son 60.000 metros cadrados que supoñen o 0,09% da totalidade do territorio do Concello de Mos.
Nidia Arévalo rematou informando de que o Concello de Mos está a preparar a súa contestación ao recurso, xa que todavía está en prazo. E respecto do tema do deslinde, declarou que “é un asunto independiente ao do PXOM, está en trámite cos concellos de Vigo, Porriño, Redondela e Ponteareas”.
El Celta abre este jueves el estadio de Balaídos para un entrenamiento a puertas abiertas. ¡Consulta aquí todos los detalles de la sesión!
Así se vio la salida de la Vig-Bay desde la avenida de Samil desde el aire. Buen ambiente y emoción desde los metros iniciales de la prueba
Miles de personas han participado este domingo en una nueva edición de la Vig-Bay. Rubén Pires y Carmela Cardama fueron los más rápidos
La inversión para el complejo Afouteza - GS360 es de 110 millones de euros. Tendrá miniestadio, hotel, y residencia
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL