A programación de actividades estivais para os rapaces e rapazas na Guarda comezará na primeira quincena de xullo co II Campus Deportivo de Fútbol, no que poderá participar a mocidade de 5 a 15 anos.
As actividades darán comezo o 2 de xullo no estadio de fútbol municipal e levaranse a cabo de luns a venres entre as 9:30 e as 13:30 horas ata o 13 de xullo. Durante estes días, as mozas e mozos participantes poderán practicar o seu deporte favorito acompañados por monitores titulados. Ademais, poderán participar noutras actividades culturais e lúdicas. Dentro da programación de actividades, tamén se inclúe unha saída á piscina municipal, onde realizarán xogos acuáticos en equipo.
O período de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 14 de xuño. O prezo de participación por persoa será de 70€, cun desconto de 5€ por cada irmán ou irmá inscrito. Os rapaces e rapazas participantes recibirán dúas camisetas técnicas de agasallo.
As persoas interesadas deberán cumprimentar a folla de inscrición e presentala na OMIX do Concello da Guarda, acompañada dunha fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a legal e unha copia da tarxeta sanitaria do ou da menor. A inscrición tamén poderá realizarse de forma telemática, descargando o arquivo na páxina web do concello da Guarda e remitíndoo xunto coa documentación requirida ao correo electrónico [email protected].
O II Campus Deportivo de Fútbol é unha actividade organizada polos clubs de fútbol locais Sporting Guardés, Escola de Fútbol Deportivo Alameda, Unión Deportiva A Guía e Unión Guardesa, en colaboración co Concello da Guarda.
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Los jóvenes deportistas compiten esta semana en diferentes modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, atletismo y natación
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL