O Descenso Internacional do Miño vén de ser declarado Festa de Interese Turístico Galego. Así o aprobou o Consello da Xunta logo da solicitude realizada polo Concello de Tui, aprobada en pleno por unanimidade en marzo de 2016.
A Xunta de Galicia tivo en conta para esta declaración a antigüidade, singularidade e arraigamento popular desta proba deportiva. O Descenso Internacional do Miño celebrou o pasado mes de agosto a súa 46ª edición con record de participación reunindo a máis de 500 padeeiros. A esta proba deportiva competitiva, organizada polo Kayak Tudense, sumouse hai sete anos o Descenso Popular do Miño que dende a primeira edición reúne a centos de persoas, xunto á Romaría Popular na ribeira de Caldelas, e a Festa Gastronómica que ten lugar no remate da xornada no centro urbano combinando gastronomía e música. A conxunción de todas estas actividades deron un novo pulo a este evento, que coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego avanza de xeito importante na súa difusión, repercusión, e na promoción do río Miño como atractivo e valor turístico.
O alcalde Carlos Vázquez Padín fixo unha valoración positiva do recoñecemento da “singularidade do Descenso Internacional do Miño” ao tempo que felicitou ao Club Kaiak Tudense coma organizadores. Tamén se congratulou de que “teñamos outro elemento en Tui do que presumir, que se une aos moitos que xa temos”.
A directora Xeral de Turismo confirmaba esta mañá a boa nova ao concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, quen salientou que este recoñecemento é posible “grazas ao bo facer do club Kayak Tudense e a súa constancia ao longo de décadas” na organización desta proba.
Deste xeito son dous os eventos en Tui que contan coa declaración de Interese Turístico Galego as festas patronais de San Telmo e o Descenso Internacional do Miño.
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Los jóvenes deportistas compiten esta semana en diferentes modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, atletismo y natación
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL