O Pavillón Polideportivo Municipal 'As Marismas', coñecido popularmente como La Bombonera, loce un aspecto totalmente novo despois das obras de remodelación das que foi obxecto a única pista desta instalación deportiva. Nela o Concello investiu 66.561,59 euros (IVE incluído).
O chan de La Bombonera, de aproximadamente 1.000 metros cadrados, estaba moi deteriorado polo paso do tempo e o uso continuado polos diferentes deportes que se practicaban nel. Este foi substituído por un pavimento deportivo aerea-elástico con acabado en madeira de faia.
Este tipo de piso, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, “foi elixido entre outros por tratarse dun pavimento específico para os lugares nos que se practica o balonmán ou o fútbol sala que son as dúas principais modalidades que se desenvolven neste pavillón”. A maiores, este tipo de piso tamén está especialmente recomendado para outras modalidades deportivas como o baloncesto, voleibol e bádminton.
As obras consistiron no estendido dunha primeira base de espuma de poliuretano flexible de 15 mm e unha barreira antihumidade a base de lámina de polietileno sobre a que se colocou unha capa de listóns de contrachapado fenolico de 12 mm. Por último, sobre ela púxose unha capa de madeira de faia con acabado de barniz de Bona UV sportive específico para o uso deportivo.
Desta forma, La Bombonera está lista para o comezo das pretemporadas das distintas modalidades deportivas que se practican nela arredor de todo o ano.
El Celta ya tiene una cara nueva para la próxima temporada. Aleix Febas, una las revelaciones de la liga, aterriza en Vigo
El Rallye de Ourense desvela sus tramos, horarios y recorrido. Guárdate esta guía para no perderte una de las pruebas más top de Galicia
"Todos tenemos que hacernos a la idea y pasar este año de duelo", subrayó Marián Mouriño en la firma del contrato
"Estaba tumbado en el sofá con mi novia", señala Javi Rodríguez sobre el momento en el que se enteró de su llamada a la selección española
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL