Salceda xa está preparada para albergar a súa carreira popular. Baixo o nombre "Corre X Salceda", a proba servirá para que os participantes poidan coñecer os espazos naturais da localidade, así como os diferentes tramos de sendas polos ríos Caselas e Landres.
Atletas chegados dende toda a xeografía galega xa confirmar a súa presenza nesta proba que cada ano está contando con máis de 800 participantes. Os interesados deben inscribirse na páxina web de "Deporte Salceda" aboando unha cuota de 7 euros para as categorías absolutas mestras que as categorías inferiores só deben aportar productos para o Programa de Alimentos Municipal nas categorías.
Os "runners" da categoría absoluta, con saída ás 10:30 horas, poden elexir entre facer 5 ou 10 quilómetros. Os nacidos entre 2003 e 2005 terán un circuito de 2.500 metros; 1.000 metros para os nacidos entre 2006 e 2008; 500 metros para os nacidos entre 2009 e 2011; 150 metros para a categoría "Pitufos A", que engloba aos nenos nacidos entre 2012 e 2014; e 100 metros para os "Pitufos B", nacidos en 2015 e 2016.
Todas as categorías realizarán a súa saída dende a Praza do Concello. Ademais, no caso das inferiores, todas elas contan cun percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.
Os corredores populares recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa da "Corre X Salceda", así como a opción de conseguir os trofeos que se entregarán aos gañadores de cada unha das categorías.
Máis de 40 persoas voluntarias garantirán o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamiento ou entrega de dorsais. Así mesmo, o Concello conta tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade.
Carla Pérez, concelleira de Deportes", agarda que "centos de deportistas acudan ao evento para disfrutar e coñecer do noso entorno a través dunha actividade tan saudable". Por outro lado, Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, destacó que "os nosos espazos naturais son o mellor escenario nesta proba que, ademais de medir as forzas dos participantes, servirá tamén para seguir a dar a coñecer o noso Concello e a enorme hospitalidade da nosa xente".
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Los jóvenes deportistas compiten esta semana en diferentes modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, atletismo y natación
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL