O Concello de Nigrán e o clube ZarkoCan celebran durante toda a xornada do domingo 29 en Porto do Molle o 'I Mushing Popular Concello de Nigrán', deporte canino espectacular con diferentes disciplinas e que ten a súa oríxe na ancestral forma de transporte nórdica (uso de cans de tiro para arrastrar trineos sobre superficies xeadas ou de neve).
Os asistentes a este evento poderán ver durante a mañá e por vez primeira en Galicia un duatlón canino ou probas máis coñecidas como canicross na que participarán o campión nacional Óscar Piñeiro ou o atleta ex-olímpico Alejandro Gómez (tamén entre os tres mellores de España).
Igualmente, terán lugar competicións de tiro con can como patín ou bikejoring (con bicicleta) e andaina canina ou cross running.
As inscricións están abertas ata este domingo 22 á medioanoite en www.galitiming.com (todas as disciplinas terán un custe total de 10 €, podendo ir a varias sen custe adicional). Xa durante a tarde, celebraranse exhibicións de obediencia canina a cargo do club Zarkocan e de pastoreo de ovellas (moi pouco común no sur da provincia) a cargo do Club Terras do Xesteira.
O emprazamento en Porto do Molle permitirá que o percorrido das probas resulte vistoso para os asistentes, que terán un campo visual prácticamente de todo o trazado por onde discorran. "Cremos que é unha oportunidade única para os amantes dos animais e da natureza e os deportes, tanto para participar como para ter a primeira toma de contacto coas diferentes modalidades de mushing", explica o alcalde de Nigrán, Juan González. "Mediante o deporte, dende o Club Zarko Can queremos, sobre todo, sensibilizar sobre o que significa ter un can", explica o seu responsable, Ángel Lira.
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Los jóvenes deportistas compiten esta semana en diferentes modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, atletismo y natación
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL