A Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, e o Club Baloncesto Condado, presentaron a semana pasada o Torneo Basket na Rúa 3x3 que terá lugar este sábado 1 de setembro na Praza Maior ás 16:00 horas.
Esta edición contará con torneo senior-junior, o cadete-infantil e o torneo minibasket-benxamín. Os equipos participantes poderán ter un máximo de catro xogadores.
A preinscrición pódese facer a través da páxina da rede social Facebook do Club Baloncesto Condado ou no número de teléfono 670 969 826.
Este evento conta, asemade, cun lado solidario, e é que se convida aos participantes a aportar produtos de limpeza xeral e de hixiene persoal para doar á asociación sen ánimo de lucro Ponte Solidario.
O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima a toda a veciñanza a participar nesta actividade deportiva divertida e apta para toda a familia. Ademais, agradeceu, do mesmo xeito, a implicación do Club Baloncesto Condado para levar adiante un ano máis un torneo que xa se espera tódolos anos na vila.
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL