A concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, e o presidente do Clube Ciclista Ponteareas, Marcos Porto, presentan o Gran Premio Mini BTT que terá lugar o vindeiro domingo 15 de xullo a partir das 11 horas.
Arredor de 500 ciclistas de todos os clubs de Galicia competirán nesta proba para equipos federados nas categorías de benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil, cadete e feminas.
A proba disputarase no campo de adestramento do Club Ciclista Ponteareas nas Cachadas e sorteará agasallos ao remate da proba. Tamén disporá dunha cantina aberta ao público. Ciclistas de toda Galicia de entre tres e dezaseis anos pedalearán no circuíto do Club Ciclista Ponteareas que convida a toda a veciñanza a gozar deste espectáculo deportivo.
Ademais da proba deportiva do domingo, Ponteareas vivirá o sábado a segunda edición das “6 horas nocturnas Vila de Corpus”, que terá lugar o sábado de 20:00 a 02:00 horas con saída na Praza Maior.
Este evento deportivo brindará, un ano máis, o seu apoio á Asociación Down-Vigo, asociación adicada á integracións de persoas con síndrome de Down, quen terá durante a proba un stand onde informarán a súa asociación á veciñanza sobre a mesma. Neste stand venderanse camisetas solidarias da proba. O ano pasado, cos 5600 € que se conseguiron coa proba, desenvolveron o proxecto “Alida”, que consiste nun curso da Universidade de Vigo de dous anos de duración, onde un grupo de rapaces e rapazas con síndrome de Down e discapacidade intelectual se están formando para realizar traballos no ámbito da administración de empresas.
Nesta carreira tamén actuarán, para amenizar a tarde-noite, a Charanga SDK e o grupo Roncofol.
Cun perfil plano e coa opción de partipar de xeito individual ou por equipos, os corredores darán o mellor nun percorrido urbano dun quilómetro.
El Celta abre este jueves el estadio de Balaídos para un entrenamiento a puertas abiertas. ¡Consulta aquí todos los detalles de la sesión!
Así se vio la salida de la Vig-Bay desde la avenida de Samil desde el aire. Buen ambiente y emoción desde los metros iniciales de la prueba
Miles de personas han participado este domingo en una nueva edición de la Vig-Bay. Rubén Pires y Carmela Cardama fueron los más rápidos
La inversión para el complejo Afouteza - GS360 es de 110 millones de euros. Tendrá miniestadio, hotel, y residencia
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL