A tradicional carreira de San Silvestre volve ao Rosal, unha cita navideña que cada ano reúne a rosaleiros e rosaleiras para desfrutar do deporte saudable ao aire libre dun xeito divertido. O prazo de inscripción xa está aberto e ata o vindeiro luns 27 de decembro todas aquelas persoas que queiran participar poderán inscribirse nunha das dúas pobras que se realizarán, unha andaina pensada para público infantil de 2,3 km e unha carreira non competitiva de 4 km.
A andaina sairá ás 11:00 horas dende o pavillón municipal cara a Simón del Mazo para percorrer a rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño da Gandarela e Estrada da Morraceira para continuar polo camiño Campo da Feira, pola rúa Simón del Mazo e rematar na Praza do Calvario.
Pola súa banda, a carreira de San Silvestre sairá ás 11:45 horas igualmente do pavillón municipal para percorrer as rúas Simón del Mazo, rúa dos Castros, rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Morraceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos, Camiño Pampaloas, Camiño Campo da Feira e rúa Simón del Mazo para finalizar na Praza do Calvario.
As inscricións realizaranse a través da páxina web do Concello enchendo un formulario cos datos persoais de cada persoa participante. Os dorsais poderán ser recollidaos no Concello antes do día 31 de decembro ou o propio día entre as 09.00 e as 10.30 horas. Non haberá categorías diferenciadas e ao remate da San Silvestre todas as persoas participantes serán agasalladas cunha chocolatada e participarán no sorteo de tres cestas de Nadal.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a todos os seus veciños a participar nesta carreira "que pode facer calquera persoa ao seu ritmo, correndo ou camiñando, e que nos permite volver a desfrutar do deporte todos e todas xuntas despois da celebración o ano pasado dun xeito diferente".
El nuevo presidente del Comité Técnico de Árbitros promete llevar el arbitraje "a las mayores cotas posibles a nivel nacional e internacional"
El Celta presenta su nueva camiseta con "alma gallega" y guiño a su cantera, una indumentaria que no convence mucho a la afición
No te pierdas cómo queda el mapa del próximo Rallye Rías Baixas. Una prueba que recorrerá todo el área de Vigo: estos son los tramos
Así será la imagen del Celta para la próxima aventura por Europa. ¿Qué te parece el diseño de la nueva equipación?
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL