A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o presidente da Comunidade de Montes de Parderrubias, Jose Estévez, veñen de asinar o acordo de cesión de 13.100 metros cadrados de terreo comunal na zona do Penedo Redondo que lle permitirá ao Concello a construción dun novo campo de fútbol 8 así como dunha área de adestramento de porteiros e porteiras, para dar cabida deste xeito ás case 400 persoas que se prevé que fagan uso das instalacións a vindeira tempada. A cesión do dereito de superficie terá unha duración de 30 anos, durante os cales a Comunidade de Montes percibirá unha contraprestación de 5.229,37 euros anuais por parte do Concello de Salceda.
O obxectivo fundamental do grupo de goberno de Salceda é o de proporcionar unhas instalacións acordes coa demanda existente na actualidade. O fútbol base no municipio está a ser xestionado polas Escolas de Fútbol Denis Suárez, que na pasada tempada acolleron a 202 nenos e nenas, con previsión de chegar aos 246 a partires de setembro co inicio do novo curso, polo que se fai imprescindible a creación de novas instalacións que dean cobertura á totalidade de nenos e nenas do municipio que se decanten polo fútbol. Tamén o Caselas fai uso das instalacións para os seus adestramentos, ademais doutros clubes como o Parderrubias A e B, o Veteranos Caselas ou as Escolas Deportivas de Salceda que acollen a modalidade de fútbol feminino.
O Concello de Salceda ven de rematar as obras da primeira fase do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais de Penedo Redondo, coa construción dunha sala de usos múltiples á que se accederá dende a fachada sur do edificio actual, na que se contará con un vestiario. Ademais creouse unha cantina con acceso dende o lateral do propio campo, xerando así percorridos diferenciados para espectadores e xogadores. Esta cantina contará ademais cun almacén e dous aseos accesibles. O proxecto, cun orzamento de 87.688,13 euros, executouse con cargo ao Plan Concellos 2018/2019.
Rubén González, concelleiro de Deportes, sinala que "vimos de asinar un acordo moi importante para poder dotar de mais infraestructuras á veciñanza de Salceda que disfruta desta modalidade deportiva, na liña que este goberno vai a ter nos vindeiros anos para as múltiples disciplinas que temos no noso concello".
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, apunta que dende o concello pontevedrés “apostamos polo proxecto da Escola de Fútbol Denis Suárez, que supón unha oportunidade de ouro para os nosos nenos e nenas, con unha comunidade educativa que non só se centra no aspecto deportivo, senon que chega aos eidos social e educativo”.
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Los jóvenes deportistas compiten esta semana en diferentes modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, atletismo y natación
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL