O Concello de Tomiño levará a cabo a construción dunha nova área deportiva na contorna da Alameda de Goián, que estará composta por un skatepark e unha pista polideportiva. O espazo complementará outros equipamentos deportivos situados na área, como o campo de fútbol do Regatiño ou o pavillón de Goián.
A posta en marcha deste novo espazo está encadrado no marco do proxecto Máis Goián, un proxecto integral de reforma urbana que procura conectar todos os equipamentos públicos da vila a través da mobilidade peonil, situándoos a todos a menos de dous minutos de distancia camiñando, coa finalidade de crear un lugar de encontro para a veciñanza que constitúa o centro neurálxico da vida social e comercial de Goián.
O concelleiro de Planificación Estratéxica e Acción Urbana, Uxío Benítez, destaca o xeito no que se levou a cabo a planificación do proxecto do skatepark, onde foi fundamental a consulta cidadá. “Quixemos contar coa opinión da mocidade do municipio que practica estes deportes para saber que tipo de parque querían e con que elementos e compoñentes debía contar para que a práctica puidese realizarse nas mellores condicións posibles. Desde o Concello agradecemos a súa participación no proceso e valoramos moi positivamente as súas aportacións”, comenta.
Do mesmo xeito, para a elaboración do proxecto contactouse co asesoramento de expertos do deporte e empresas especialistas, participando no deseño un dos técnicos organizadores do recoñecido evento de cultura urbana e deportes extremos “O Marisquiño”. O obxectivo é conseguir un equipamento atractivo e que permita un uso que vaia desde o nivel inicial ao avanzado, converténdoo nun dos skatepark referentes a nivel provincial e galego para a práctica de disciplinas freestyle sobre rodas coma o skate, bmx, scooter ou roller.
Desde o Concello informan que esta nova zona deportiva terá un uso escolar preferente pola mañá, polo que a área suporá tamén un aumento dos equipamentos e espazos cos que contará o CEIP Pintor Antonio Fernández. O custo total da construción da nova área deportiva será de 229.364,12 euros, e será financiado ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
Uno de los fichajes más esperados ya viste la zamarra celeste, Bryan Zaragoza firma su vinculación con el Celta
El Celta presenta su innovadora tercera camiseta y estrena su nueva tienda en Balaídos, con Celestino como sorpresa
La alcaldesa de Mos manifestó que espera que Feijóo inaugure la segunda fase de Afouteza como presidente del Gobierno
El asturiano logra su tercera victoria del Rallye Rías Baixas tras subirse a lo más alto del podio en 2021 y 2023
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL